Uh!, vaia lío, os amigos dos meus amigos, so os meus amigos

Esta é aquela canción tan pegadiza de Xuxa, que describe á perfección o que está acontecer nas configuracións das coalicións electorais para as eleccións europeas no marco de En Marea e compoñentes.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 25/01/2019

Comparte esta noticia
Seguindo na similitude da canción, Villares quere bailar coa amiga Oltra que tamén é amiga de Podemos. Pero en Anova queren bailar con Otegui amigo de Pontón,  e Pontón  non quere bailar con Beiras, o mesmo tempo Martiño quere bailar con Ada Colau, e tristemente Errejón non quere bailar co amigo Pablo pero si con Carmena e Villares, que se cree bo mozo quere bailar con Más Madrid.  Ó final está claro, Uh Vaia lío, como dicía  a canción.
 
Pode ser ata divertido, en Galicia gustamos de bailar nas verbenas pero o problema está en que estes todos queren bailar pero pouco pensan en Galicia que está na casa. Que beneficio terá Galicia en esta foliada de baile libre? Ningún, outra vez a Marea e o seu entorno traballando en prol do seu e non en prol do beneficio dos galegos e galegas, aínda que case é mellor que colocar a unha activista antivacinas en Bruxelas.
 
O drama non remata no baile, logo de despexar as parellas podemos asistir a que na campaña electoral un candidato ás municipais do denominado espazo rupturista, teña que pedir o voto para papeletas diferentes, ou máis grave para papeletas contrapostas, ou membros da mesma lista dun Concello traballando activamente para candidaturas distintas en Europa, uh vaia lío.
 
Mais a realidade é que non lles importa Europa, so no exótico de ir a ver a camaradas de fora de Galicia, porque alguén imaxina que sexan capaces dende En Marea de falar de Europa ou dos problemas da xente que afectan dende Estrasburgo  cando levan 4 anos falando de si mesmos e denunciándose entre eles, sen falar de Galicia?
 
Contra esta ensalada de probas e egos, outras forzas están traballando na reedición de GALEUSCA como medio de reforzar a Europa dos Pobos, fronte a unha onda expansiva de recentralización de homoxeneización do discurso de dereita e extrema dereita de Europa ó que o estado español non é alleo. CxG, PNV  e PDeCAt poden reeditar unha fórmula de traballo, unha coalición que pense en Galicia e sitúe en Bruxelas problemas con nome e apelidos, como fixo estes últimos 5 anos co traballo de Izaskum Bilbao. Unha forza con presenza nos partidos europeístas e que queren bailar con Galicia o resto como di a canción é un lío.
 

Beiras diante dunha estelada, a bandeira utilizada polos independentistas en Cataluña
Beiras diante dunha estelada, a bandeira utilizada polos independentistas en Cataluña | Fonte: elobrero.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA