Ferida unha moza de 18 anos atropelada en Arzúa

O suceso tivo lugar nunha céntrica rúa da localidade coruñesa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2019 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Unha moza de 18 anos de idade resultou ferida nun atropelo rexistrado na tarde deste xoves no termo municipal de Arzúa (A Coruña).

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo desta moza tivo lugar sobre as 19,30 horas deste xoves na rúa Lugo da localidade de Arzúa. Foron varias as persoas que contactaron co o servizo de urxencias para informar o accidente.

Tras ser alertados polo 112 Galicia, ao lugar do suceso desprazouse persoal do 061, da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, así como voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse aos Bombeiros de Arzúa, aínda que a persoa atropelada estaba liberada e accesible.

En concreto, ao lugar o 061 enviou persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Arzúa e unha ambulancia asistencial que trasladou ao Hospital Clínico de Santiago á moza I.F.M., de 18 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta