Os consumidores galegos gastaron un 5% máis na última campaña do Nadal

Con todo o gasto foi un 30% menor ao do conxunto do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O gasto medio realizado polos galegos nas compras do nadal pasado aumentou un 5% respecto ao ano anterior, ao alcanzar os 330 euros, fronte aos 315 euros investidos nesa mesma época en 2017, segundo o Observatorio Cetelem. No entanto, comparado co gasto medio dos españois, os galegos gastaron un 27% menos.

Luces de Nadal en Vigo
Luces de Nadal en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

En canto aos produtos máis adquiridos polos galegos no pasado nadal destacou a roupa (63%), cun descenso de 6 puntos respecto de 2017, aínda que situándose un punto por arriba respecto da media nacional.

Seguíronlle o calzado e os complementos (45%), tamén cun descenso de 7 puntos respecto de 2017, pero catro puntos máis respecto de España. En terceiro lugar situáronse os xoguetes, que cun 45% mantívose igual respecto ao ano anterior, e situouse 6 puntos por encima da media española.

DESGLOSE DOS DATOS

Segundo o estudo, o 23,8% dos enquisados en Galicia manifesta realizar un gasto superior nas compras de Nadal de 2018, o que supón un descenso de 4 puntos porcentuais respecto dos datos do ano anterior.

Comparándoo coas cifras do total de España, os galegos atópanse tres puntos por encima. No entanto, a maioría dos enquisados manifestan un gasto igual ao nadal de 2017 (43,6%), cunha porcentaxe 8 puntos maior ao declarado en 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta