Anova corrixe a Beiras

Antón Sánchez nega que a súa formación ofrecese ao BNG concorrer de forma conxunta ás eleccións europeas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, negou que a súa formación fixese ningún ofrecemento ao BNG para concorrer en alianza ás europeas e limitou a "unha opinión" que o confundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, ofrecese iniciar "conversacións" para incluír á formación galega na candidatura que EH Bildu, ERC e BNG teñen xa pechada.

O portavoz de Anova e viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Ant. RADIO GALEGA
O portavoz de Anova e viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Ant. RADIO GALEGA | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, o tamén viceportavoz de En Marea no Parlamento asegurou que "nunca houbo ningunha proposta concreta de concorrencia ás europeas por parte de Anova, polo tanto a partir de aí todo o resto, sobra". Esta corrección a Beiras chega logo de que o BNG pechara a porta a un pacto con Anova e de que Bildu e ERC evitaran entrar en conflito co seu socio.

Nesta liña, Sánchez profundou na idea de que "en absoluto Anova puido facer esa proposta porque non ten decidida a fórmula de concorrencia". Así, avanzou que no espazo "haberá que establecer conversacións" antes de "tomar unha decisión", que espera poder ter no mes de marzo. O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia destacou a importancia de "saber ler o momento" e "o perigo que neste contexto ten a extrema dereita".

MARCAS DE MAREAS NAS MUNICIPAIS

Na entrevista, Sánchez tamén deu conta das fórmulas de concorrencia de Anova de cara ás eleccións municipais. Así, declarou que "o gran obxectivo" é "apoiar, traballar as candidaturas de unidade popular dos concellos que funcionaron dun modo cohesionado".

Sánchez explicou que a súa formación aposta porque "alí onde houbese esas candidaturas, os militantes de Anova participarían a nivel individual, en pé de igualdade". O portavoz nacional de Anova afirmou que "o primeiro obxectivo" é que "en cada concello a amplitude das candidaturas sexa a maior posible", pero que en cada un tense que decidir a fórmula".

Sobre a posibilidade de que nun mesmo concello se presenten varias marcas de mareas rupturistas, Sánchez opinou que "non é eficaz" e que non lles parece ben "que se fragmente o voto". Ademais, detallou que en Ferrol apoiarán "a candidatura de Ferrol en Común con Jorge Duarte".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 lóstrego

Agora que a unidade copular fracasou e non fostes quén de romper a tempo cos españoleiros (oportunidades non faltaron en Madride e na Galiza), queredes pillar cacho no espazo co que antes erades equidistantes. É lóxico que non se fien de vós. Ter un pouco de dignidade, por favor.

1 Maikelborrachoidenoia

Para dar leccións de dignidade deberiades de abandonar no BNG o argumetario do PP. A unidade popular non fracasou, Coruña, Compostela e Ferrol están moito mellor, e mellor estarían se o BNG non se aliara co PP para boicotar estes gobernos do pobo.

2 lóstrego

Sisi, xa vexo como está compostela, da gusto gomitar nela.Ti debes de ter o don da ubicuidade para saber das tres, sobre todo da ferrolá, verdade? Vai catalogar aos tres alcalduchos e non a min. Eu son un probe votante pero vexo máis aló do meu narís.

1 Dun Aengus

Estes rapaces non aprenden. A Xosé Manuel non se lle leva a contraria. Iso ten consecuencias sempre graves.