Denuncian unha enquisa "tendenciosa e sesgada" da Xunta sobre sanidade

En Marea reclama no Parlamento conseguir "un trato digno da saúde mental".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

En Marea rexistrou "diversas" iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta "un tratamento digno da saúde mental" dos galegos. A deputada do grupo Flora Miranda explicou que "están relacionadas coa participación no Servizo Galego de Saúde (Sergas) tanto da cidadanía como dos grupos profesionais, achegando ideas para mellorar a calidade asistencial" do sistema sanitario público galego.

A EOXI de Vigo presenta os resultados dunha enquisa de satisfacción
A EOXI de Vigo presenta os resultados dunha enquisa de satisfacción

Unha das iniciativas "cuestiona a validez metodolóxica dunha enquisa que se dispuxo nunha páxina web para ser cuberta por pacientes", e que Miranda tachou de "tendenciosa, sesgada e que induce a respostas para a propia autocompracencia do Sergas".

Ademais, En Marea criticou nun comunicado que "os grupos profesionais non son representativos dos colectivos profesionais porque non foron escollidos polos propios traballadores, senón sinalados polo Sergas". "Están ausentes as médicas precarias, as profesionais dimisionarias de Vigo e incorporáronse tarde os profesionais dos PACs porque non contaban con elas", apuntou Flora Miranda.

En canto á outra iniciativa rexistrada, En Marea busca "esixir a imprescindible dotación de recursos e un plan de saúde mental digno que aborde os casos de suicidio, que evite situacións como a de contención mecánica que hai pouco tivo lugar no CHUAC da Coruña, que evite o ingreso de pacientes con agudizaciones psiquiátricas en centros sociosanitarios, ou que evite a violencia institucional e a sobremedicación e que dote de recursos psicoterapéuticos a aquelas persoas que os precisen".

Miranda pediu que se evite a demagoxia e as falsas promesas con saúde mental, que se aborde a vulnerabilidade de pacientes e familias e manéxense dunha vez as necesidades dos galegos en saúde mental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta