A Xunta: "Xa hai máis alumnos que elixen a FP que o Bacharelato"

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asegurou que a Formación Profesional de fai 20 ou 30 anos non teñen absolutamente nada que ver coa actual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asegurou que cambiar "constantemente" a lei educativa "crea unha inestabilidade que prexudica aos máis débiles, que son os nenos" e avogou por un pacto educativo.

Conselleira de Educación, Carmen Pomar. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Conselleira de Educación, Carmen Pomar. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o sinalou nunha entrevista a Radio Nacional de España recollida por Europa Press, onde apuntou que estas variacións "non dan tempo a que se interiorice a lei, nin a que se asimile cales son os seus cambios". "Eu estou totalmente de acordo cun Pacto de Estado en materias educativas. Non se trata de pór unha lei fronte a outra. Probablemente haxa cousas doutras leis, non falo só da Lomce, senón doutras leis que se poderían aproveitar", engadiu Pomar.

FP

Pola súa banda, Pomar destacou que "está totalmente desterrado" considerar a Formación Profesional (FP) como unha carreira de "segundo nivel". "Está clarísimo que a Formación Profesional de fai 20 ou 30 anos non teñen absolutamente nada que ver coa formación profesional da actualidade. Investimos a proporción. Xa hai máis alumnos que escollen a Formación Profesional que Bacharelato", apuntou a conselleira.

Ademais, Pomar sinalou que, na contorna da FP, a innovación, a internacionalización, a tecnoloxía, o emprendemento e o contacto co tecido produtivo é "absolutamente fundamental". "En Ourense está previsto facer un centro de innovación e Formación Profesional que sirva de centro neurálxico para investigar en FP, para investigar novos módulos, novos roles profesionais e para que a Formación Profesional estea ao servizo da sociedade", indicou Pomar.

OPOSICIÓNS

En canto á convocatoria de 2.064 prazas públicas educativas, Pomar explicou que, desde hai uns anos, o Goberno galego "está a intentar recuperar" a taxa de prazas para oposicións perdida durante a crise.

"É a convocatoria máis numerosa dos últimos 12 anos e cremos que esa oferta vai responder ás necesidades reais do sistema educativo galego. Ademais, pensamos que están de acordo e satisfeitos os axentes sociais e educativos que forman parte da negociación e das conversas", apuntou a conselleira.

Respecto das catro prazas para profesores de portugués que a Xunta ofertará nas próximas oposicións, Pomar indicou que a Consellería realizou "unha análise das necesidades reais e das demandas reais" de dito idioma, "o que non quere dicir que nos próximos anos non se aumente o número de prazas de portugués".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 capetán uropa

Obreiros especializados que é o que quere Alemaña. E ao non seren alemáns sáenlles máis baratos. Para que serven aquí os fp,s sen industria? Como se queres vender churros na Lúa..

1 anonimo

Nos anos 80 estabeleceu-se o ensino de eletrônica em Barallobre no concelho de Fene. Era algo novo que prometia um grande futuro. Muitos moços estudaram ali. Não há muito um deles fixo-me, não conheço a ninguém que terminara trabalhando no mundo da eletrônica, uns são policias ou guarda civis, outros em bares, almacens, etc. Quantos dos estudantes terminam trabalhando no que estudam?