Gonzalo Caballero critica a PPdeG e En Marea pola súa negativa a apoiar os PGE

O secretario xeral do PSDEG retou a "Feijóo a que diga que melloras para Galicia fan falta para que o PP en Madrid vote a favor dos orzamentos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou o "compromiso social" dos Prespuestos Xerais do Estado presentados polo Goberno de Pedro Sánchez, que "todos os progresistas" e os "cidadáns de esquerdas" saben que son "positivos" para Galicia, e advertiu a En Marea sobre as consecuencias de que non os apoien.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

"Os orzamentos deben saír adiante, e apoiar unha emenda á totalidade a estes orzamentos sociais será unha labazada á cidadanía en Galicia e en España", remarcou Gonzalo Caballero, nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press.

Ante o anuncio de En Marea de que votarían en contra, incluso rompendo a disciplina de grupo de Unidos Podemos, no caso de que non se introduzan cambios nos Orzamentos no que respecta a Galicia, Gonzalo Caballero defendeu as contas presentadas polo PSOE, que son "o mellor que lle pode ocorrer aos cidadáns" tras os "recortes e corrupción do PP e a súa campaña de difamación ao Goberno".

Gonzalo Caballero agregou que "PP con Vox e Ciudadanos queren levar a ultradereita ao Goberno de España e os progresistas e a cidadanía saben que hai un Goberno que está a gobernar ben".

"FALACIA" DE FEIJÓO

Pero as críticas de Caballero tamén se dirixiron cara ao PP e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que retou a demostrar que o PP votaría a favor en Madrid se se introducisen cambios nos orzamentos para Galicia. "É a gran falacia de Feijóo e non vou entrar na trampa da dereita", subliñou Caballero, que acusou ao presidente da Xunta de "estar entregado ao pacto do PP con Vox".

"Reto a Feijóo a que poña os intereses dos galegos por encima dos de Casado e de Voz e que diga que condicións necesita para que o PP apoio os PGE", ironizou.

ORZAMENTOS QUE SUBIRÁN INGRESOS A "UN MILLÓN DE GALEGOS"

Gonzalo Caballero defendeu os orzamentos, por ser "realistas" fronte aos do PP que consignaba pero deixaba sen gastar "2.000 millóns de euros coa conivencia de Feijóo". En cifras, destacou a subida que beneficiará a "preto de 700.000 pensionistas" aos que Rajoy enviaba unha carta dicindo que só llas podía revalorizar o 0,25%, ou as melloras que afectarán a case 200.000 autónomos e o incremento para 150.000 empregados públicos ou para 70.000 cidadáns con ingresos mínimos, así como as contías destinadas a educación ou a bolsas.

"Hai máis dun millón de galegos que verán como os seus ingresos mensuais directos vanse a incrementar con estes orzamentos", agregou. A maiores, puxo en valor investimentos como as que confirman "o compromiso coa chegada da AVE" ou os 4.300 millóns que chegarán a Galicia pola construción das fragatas en Navantia.

"TODOS Os SOCIALISTAS APLAUDEN O COMPROMISO SOCIAL DOS PGE"

Pero Gonzalo Caballero tamén minimizou as críticas de cargos socialistas aos PGE. Recoñece que "pode haber matices" pero que no seu conxunto "todos os socialistas galegos aplauden o compromiso destes orzamentos".

"Non vou entrar na trampa que quere facer a dereita, cando non gusta un gran de area non é que a praia non estea ben acondicionada, é que haberá que cambiar ese gran de area", simbolizou. En todo caso, valorou que "haberá que seguir o proceso de tramitación" e que "haberá que traballar arreo", mostrándose convencido de "que é moi positivo que se poida mellorar aquilo que é mellorable".

ELECCIÓNS EN MAIO

Ante a dobre cita electoral de maio, coas europeas e as locais, Gonzalo Caballero admitiu que, de momento, o PSOE non abordou a elección de candidatos ao Parlamento porque están "no proceso de elección" para os 315 municipios galegos.

De cara á convocatoria coas urnas, móstrase optimista ante a capacidade dos socialistas de "crecer electoralmente", ante votantes que cren que o PP abandonou as posicións moderadas e galeguistas e outros das Mareas que cren que "en xestión, as mareas son incapaces".

"Nós imos xogar desde a esquerda a recoller os votos de todos aqueles electores que son conscientes de que en clave municipal, de que en clave galega, o Partido Popular abandonou a moderación e as Mareas teñen problemas de xestión", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sociata

Gonzalo, que son vinte puntos menos de inversimento, eso non hai dios q o defenda, agás por partidismo. Ibas ben pero entre alfonso guerra e que tes os de sempre mandando moito, non sei se darás resucitado o touriñismo. Asi non vas ben.

1 Gamela

Cando fala das Mareas... supoño que estará a pensar nas 3 cidades onde eles case non pintan nada... pois a Marea de Vigo é a oposición máis dócil que vin na miña vida! En canto á cadidata a presidir a Xunta de Galicia será a que indique o dedo do seu tío! E chámase Carmela Silva! Se Gonzalo non acepta xa sabe onde ten a porta...!