Nace unha nova asociación de empresarios de veterinaria para conseguir un "estatus legal como profesión sanitaria"

Ceve Galicia quere "ocupar o papel destendido da patronal do seu sector".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/01/2019 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Asociación Veterinaria Ceve Galicia. Ese é o nome da nova asociación de veterinarios que nace para "ocupar o papel -ata agora desatendido- da patronal do seu sector a nivel autonómico".

O acto tivo lugar na sé da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en Santiago de Compostela e contou coa participación, entre outros, do secretario xeral da CEG José Antonio Neira, da presidenta a nivel estatal de CEVE, Delia Saleno, e do presidente da nova asociación, Alberto Silva.

Ao nacemento de CEVE Galicia asistiron representantes de varias clínicas veterinarias e tamén autónomos e todos destacaron a necesidade de contar cunha asociación de desempeñe o rol de interlocutor social, así como a necesidade de estructurar, modernizar e dar representatividade a este sector.

"Esamos acuciado por problemáticas tales como a carencia de status legal como profesión sanitaria, o feito de soportar dende 2012 o IVE do 21% pese a tratarse dun servizo sanitario, ou a inexistencia dun convenio colectivo", indicaron nun comunicado.

Asociación Veterinaria Ceve Galicia
Asociación Veterinaria Ceve Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vet Explotada

Títular honesto "Grupo de explotadores organízase para protexer as suas inversións e sangrar aínda máis aos seus empregados"