Por que ao PPdeG lle interesa agora apoiar as propostas do BNG?

O BNG, que non ten representación en Madrid, propón que "todos" os deputados galegos no Congreso presenten unha "emenda á totalidade" do PGE. O PP xa dixo que "estudará" a iniciativa dos nacionalistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2019 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Por que lle interesa ao PPdeG certas iniciativas do BNG?. É a segunda vez en menos dunha semana que os intereses políticos de dous polos tan enfrontados como o de nacionalistas e populares se encontran. O primeiro foi a decisión de Feijóo de apoiar a cesión de máis transferencias a Galicia en contra dos criterios do seu lier en Madrid, Pablo Casado, o segundo pode ser o apio a unha enmenda á totalidade dos orzamentos.

De feito, o BNG rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento galego para que os distintos grupos "expresen o seu desacordo" co proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019, por supor "unha discriminación" para Galicia, e pedir tamén a "todos" os deputados galegos no Congreso "que formulen unha emenda á totalidade" das contas. Unha proposta que pode contar co visto e prace dos populares.

Así o anunciou este luns en rolda de prensa a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, quen esgrimiu que "Galicia non se merece recibir as faragullas" do Estado en materia de investimento. Por iso, con esta iniciativa, que espera que se debata "no primeiro pleno de febreiro", o Lexislativo autonómico pide tamén "fixar prioridades á hora de defender os intereses" da Comunidade.

A formación nacionalista insistiu en "pór sobre a mesa temas importantes" como o rescate da AP-9 para o público, a derrogación da prórroga da factoría de Ence "e un calendario para a súa marcha" da ría de Pontevedra, así como "vontade política" para "reclamar a titularidade" do Pazo de Meirás de Sada (A Coruña), actualmente en mans da familia Franco.

Feijóo fala con Ana Pontón durante un debate electoral
Feijóo fala con Ana Pontón durante un debate electoral | Fonte: CRTVG

APOIO DO PP

E a pesar de que o BNG non ten representación en Madrid, podería atopar o apoio do PPdeG, interesado agora en desgastar ao goberno de esquerdas de Pedro Sánchez. O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que o seu grupo "estudará" a proposta exposta polos nacionalistas e sinalou que existe un "amplo acordo" no conxunto das forzas políticas, "menos o Partido Socialista", de que hai un momento no que crece o conxunto do gasto do Estado en infraestruturas e en Galicia diminúe.

"Non saímos aínda da nosa sorpresa pola constante campaña que está a realizar o Partido Socialista en relación co PGE. O feito é que as contas diminúen en Galicia, cando soben para o conxunto do Estado", apostilou Puy.

PSDEG PIDE "RESPONSABILIDADE"

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de "razoable" que o BNG "busque liñas de acción para poder entrar en debate onde os cidadáns non lle deron a posibilidade de estar presente despois de moitos anos".

"Vemos razoable que partidos políticos da esquerda en Galicia estean a traballar e expondo que poida haber melloras na parte dos investimentos territorializados para Galicia, pero á vez querémoslles pedir a corresponsabilidade de apoiar uns orzamentos que son necesarios para o país e de trasladarlle que a oposición a eses orzamentos é a estratexia que ten exposta a dereita para tentar acceder ao Goberno de España", sentenciou Caballero.

EN MAREA E PPDEG

Sobre a iniciativa do BNG, o deputado de En Marea Antón Sánchez insistiu en pedir "responsabilidade" ao Goberno de Pedro Sánchez, "que ten que atender ás demandas que se presentaron na 'Axenda Galega'", un documento que lle remitiron ao Executivo central os deputados do partido instrumental no Congreso. "O Partido Socialista de Galicia ten que dicir, evidentemente, se está de acordo con eses recortes e esa desatención de Galicia", suxeriu.

Pola súa banda, o líder de En Marea, Luís Villares foi máis alá e criticou duramente a Gonzalo Caballero por ser un "delegado de Pedro Sánchez en Galicia". Neste sentido, avanzou que En Marea non apoiará os PGE, independentemente do que faga Unidos-Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Cirigaitas

Ao Partido da Terra afiliababos eu a todos e como primeiros deberes: a sachar unha leira de cen mil hectareas, Lampantíns de Mediocres Comentaritas!!!!

1 Alpinista

Son sistema!

1 GunMan

Antisistema é o marqués de Galapagar que comprou un chalet construido nunha zona de parque natural, non legalizable ademais. https://okdiario.com/investigacion/...

2 lóstrego

Todos os partidos forman parte do sistema. Incluso a abstención, pois non se representa en número de escanos a súa porcentaxe. Dime ti o que non é sistema nesta sociedade de consumo.

3 Alpinista

GunMan, que non te enteras: por suposto que Pablo Iglesias é sistema! E ti tamén, xa me dirás de que presumes cando difundes e das publicidade á confiable prensa da caverna! E lóstrego, CASE todos... O Partido da Terra, nada; as CUP, pouco... Os que traballan para o PsoEspañol, moito!

4 lóstrego

O partido da terra que é? As colleitas de tempada? Pouco cobran as cup do erario público verdade? Anda vaille dar a lata a un guardia!

5 Alpinista

De que superioridade fas gala lóstrego, acaso es do masivo Partido Podre que arrasa ou dunha presumida mais ridícula minoría en decadencia? Sabes o que é a humildade, e a decencia, de quen sodes os cómplices necesarios no sistema corrupto? Os salarios da CUP non poden superar o 2,5 o SMI, tendo limitadas as lexislaturas na actividade política remunerada, e para o Lores ou a Ana Pontón? E, si, hai quen colleita a Terra e quen recebe regalos de Vendex, de Lence, dos Martínez Núñez, do Dorribo, dos Tojeiro...