A banda californiana Eels actuará en Santiago durante a súa xira internacional

O grupo liderado por Mr. E tocará por primeira vez en Galicia o 8 de setembro no Auditorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A banda californiana Eels chegará por primeira vez a Galicia o próximo 8 de setembro cunha actuación que terá lugar en Santiago de Compostela, única parada en España, xunto con Barcelona, da xira internacional do grupo que lidera Mark Oliver Everett, máis coñecido como Mr. E.

O concerto, que terá lugar no Auditorio de Galicia, foi presentado este martes en rolda de prensa polo rexedor compostelán, Martiño Noriega, e Raquel Seijo, representante de Sweet Nocturna, promotora do evento en colaboración co Concello de Santiago.

A capital galega figura na lista de cidades polas que pasará a banda de California no marco da súa xira europea, que levará a Eels a unha quincena de localidades do vello continente nos meses de agosto e setembro.

Nada na década dos 90 e cunha ducia de discos ás súas costas --o último deles publicado a pasada primavera--, Eels está considerada como unha das bandas de referencia do rock alternativo. O próximo mes de abril inician unha xira por salas e auditorios de pequeno e mediano tamaño que, tras pasar por varios puntos dos Estados Unidos, traerá a Galicia ao grupo que lidera o carismático Mr. E.

Fillo do recoñecido científico Hught Everett III, Mark Oliver Everett (1963) logrou hai unha década un éxito editorial coa súa autobiografía 'Cousas que os netos deberían saber', na que fala sobre a súa experiencia persoal, marcada pola perda dos seus familiares, a súa condición de "bicho raro" na industria musical ou anécdotas como o uso dun disco de Eels por parte de George Bush II para atacar ao seu adversario Al Gore na campaña electoral estadounidense do ano 2000.

Mr. E, líder da banda californiana Eels. SWEET NOCTURNA
Mr. E, líder da banda californiana Eels. SWEET NOCTURNA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta