Investigados dous coruñeses por furtar pezas dun tractor da Xunta na Estrada

O material puido ser recuperado, finalmente. A colaboración veciñal foi esencial no proceso de pescuda dos implicados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga penalmente dous veciños da provincia da Coruña como presuntos autores da subtracción de varias pezas dun tractor, propiedade da Xunta, cando estaba estacionado nunha parroquia do municipio da Estrada (Pontevedra).

Segundo informou o Instituto Armado, o xefe do Distrito Forestal Deza-Tabeirós, con sede en Lalín, denunciou que a madrugada do pasado sábado subtraéranlle varias pezas dun dos dous tractores que deixaran estacionado o venres nas proximidades da igrexa parroquial, despois de finalizar uns traballos de roza forestal que están a realizar nos arredores da zona.

Por mor das investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto da Garda Civil da Estrada, relataron as mesmas fontes, púidose pescudar que a madrugada do mesmo día suscitara sospeitas entre a veciñanza da zona, a presenza dun vehículo estacionado nas inmediacións dos tractores.

As pescudas realizadas concluíron que o vehículo, que resultou ser unha furgoneta, estaba relacionado cos feitos denunciados. Unha vez pescudada a súa titularidade procedeuse á investigación do propietario, un madeireiro da provincia da Coruña, e dun empregado, como presuntos autores do furto.

CAPÓ

A Benemérita indicou que se recuperou a totalidade das pezas subtraídas: unha batería, tubo de escape, caixa de ferramentas, un alternador e o capó do tractor. As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de garda da Estrada, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.

Dous Investgados Por Subtraer Pezas Dun Tractor Da Xunta Na Estrada.. GARDA CIVIL
Dous Investgados Por Subtraer Pezas Dun Tractor Da Xunta Na Estrada.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

"Unha vez máis, dentro das investigacións foi fundamental a colaboración cidadá, que de maneira incesante comunica á Garda Civil multitude de datos e que se desenvolve principalmente a través do teléfono 062, do portal de Internet 'Colabora' deste corpo e dos perfís oficiais nas redes sociais do mesmo", valorou o Instituto Armado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta