A RAG e PuntoGal insisten en "reforzar" a presenza do galego en Internet

Convocan a segunda edición do certame de microrelatos. O prazo de presentación dos textos permanecerá aberto durante o mes de febreiro.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/01/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos co obxectivo de "reforzar" a presenza do galego no mundo dixital.

O presidente da RAG, Victor F. Freixanes, e o presidente e director xeral de PuntoGal, Manuel González e Darío Janeiro, respectivamente; presentaron en rolda de prensa esta segunda convocatoria, coa que esperan repetir ou mesmo mellorar o éxito de participación da primeira edición, que sumou case 400 orixinais.

O presidente da RAG destacou que o futuro da lingua galega pasa por "estar presente nas novas tecnolóxicas". Mentres, o presidente de PuntoGal sinalou que esta asociación "leva no seu ADN" a promoción e difusión do galego.

Para esta segunda edición, o prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro, coincidindo cunha campaña de promoción de PuntoGal que permitirá rexistrar un dominio '.gal' para dous anos a un prezo de 15 euros.

Nesta ocasión repartiranse 9 premios -tecnolóxicos e relacionados coa lectura-, tres en cada unha das categorías distribuída por idades (infantil, xuvenil e adulta). Os interesados poden consultar as bases da promoción en 'dominio.gal/promotion'.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta