Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 19:27
O TSXG confirmou a condena de dous anos de prisión para un home de 76 anos que abusou dunha menor no baño dun bar da Lama (Pontevedra). Así, a Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso presentado polo condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra por cometer un delito de abuso sexual sobre a menor de 16 anos, á que, tras bicarlle na boca e tocarlle as cadeiras, deulle diñeiro e pediulle que non dixese nada.
O tribunal rexeita o argumento da defensa de que os feitos son constitutivos dun delito de coacción leve. Os xuíces entenden que o "ánimo lúbrico" co que actuou o sospeitoso é "obvio" e vai "moito máis alá da mera intromisión na intimidade, se é que esa clase de intromisións poden ter outra finalidade, o cal é moi discutible". Ademais, o fallo resalta que a "indemnidade sexual" da vítima, pola súa condición de menor de idade, "é un ben xurídico protexido no delito imputado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.