Unha orde xudicial obriga ao Concello da Coruña a aprazar a baixada da tarifa do bus

O departamento municipal de transporte acatará as indicacións do xulgado e esperará a resolución para aplicar a rebaixa.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/01/2019 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprazou a baixada da tarifa do bus urbano tras ter coñecemento dunha provindencia do Xulgado Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña despois dun recurso presentado por esta medida pola Compañía de Tranvías, concesionaria do servizo.

Segundo informa a Concellaría de Mobilidade Sostible, nela comunícase ao concello que "se ha de abster de calquera intervención" en relación á tarifa do bus ata a resolución, por parte do xulgado, das medidas cautelares solicitadas pola empresa concesionaria contra a baixada dos prezos. Tras ter constancia da providencia, o departamento municipal informa que acatará as indicacións do xulgado e esperará pola súa resolución para aplicar a rebaixa das tarifas, acordada en xunta de goberno local.

NOVOS PREZOS

Sobre esta decisión, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, remarca que a providencia ordena a administración local esperar a que se pronuncie sobre a solicitude de suspensión exposta pola Compañía de Tranvías. Tamén indica que espera que esta decisión se produza "coa máxima celeridade para minimizar os posibles prexuízos".

Da provindencia, tívose coñecemento despois de que o concelleiro comparecese para informar das novas tarifas que deixará o prezo do billete ordinario en 1,20 euros, cunha rebaixa de 10 céntimos, mentres que a tarifa xeral do cartón Millennium baixará case un 12%, ata os 75 céntimos.

Pleno do Concello da Coruña
Pleno do Concello da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta