O alcalde da Coruña espera que o problema da recollida do lixo se resolva entre hoxe e mañá

Xulio Ferreiro tamén fixo mención á paralización da baixada do bus urbano. Cre que non se dan "as condicións para a suspensión cautelar do acordo".

Por E.P. | A CORUÑA | 31/01/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, espera que entre a xornada de hoxe, xoves 31, e a de mañá se resolva o problema da recollida do lixo na cidade. A situación vén dada por problemas nos camións da concesionaria, Cespa, con certas avarías que impediron que se prestase o servizo con normalidade nos últimos días.

Coincidindo coa súa presenza na inauguración do XVI Congreso da Asociación Española para a Economía Enerxética, Ferreiro subliñou que "aos poucos, vaise volvendo á normalidade", tras comprometerse a empresa a reforzar o servizo de reparación dos coches.

Ademais, dixo que as incidencias nas últimas noites foron "menores", aínda que non inexistentes. Precisou que se estableceu un reforzo do servizo na xornada do mércores e deste xoves para proceder á limpeza de posibles residuos que quedasen nas proximidades dalgúns colectores.

TARIFA DO BUS

Colectores de lixo
Colectores de lixo | Fonte: Europa Press.

En canto á paralización da baixada do bus urbano, o rexedor herculino manifestou o seu desexo de que a resolución xudicial das medidas cautelares solicitadas pola Compañía de Tranvías sexa "pronto". 

A este respecto, subliñou que, ao seu xuízo, non se dan "as condicións para a suspensión cautelar do acordo". Tamén lamentou que "unha medida beneficiosa para os cidadáns se tente bloquear no xulgado", expuxo tras o recurso de Tranvías da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta