Feijóo di que apoian propostas do BNG "cando representan a unha Galicia española”

“Seguimos traballando por un proxecto común que é o da nación española”, destaca.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 31/01/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O apoio do PP á propostas de autogoberno e de transferencia de competencias presentadas polo BNG está provocando críticas no resto do Estado. Pero, para o líder dos populares galegos, ese apoio é circunstancial e só porque son medidas que “representan a unha Galicia española”.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista con Europa  Press
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista con Europa Press

Así, e preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a este respecto, Feijóo expresou que os populares estarán de acordo con esta liña "se está no seu ideario" e se lles parecen cuestións "útiles". 

"Seguiremos representando a unha Galicia que quere seguir sendo española e a unha Galicia que é galega. Este tipo de cuestións os galegos xa as temos despexadas desde o principio dos tempos porque seguimos traballando por un proxecto común que é o da nacion española", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Pois ten mérito o que fai! É máis nacionalista ca Castelao, e presenta a Derradeira lección do mestre coma se o morto fose dos Peares; e ao tempo compite cos fascistas de vox en intolerancia, nacionalismo español e supremacismo. Facendo as dúas cousas, polo de agora non se lle coñecen crises esquizofrénicas, non, aí segue, tan sereo...

1 Gamela

As cousas da política sonche un misterio...? Na vindeira rolda de prensa podíades preguntarlle a Feijoo se tamén a coalición do BNG con Bildu e ERC representa a unha Galicia Española? Seguramente o "presidente" terá que buscar unha resposta máis convincente se quere sair airoso do tema... a non ser que Feijoo teña interese en sair como fiador de Junqueras (algo sorprendente!) https://www.abc.es/espana/galicia/a...