Vai estar Portugal no Corredor Atlántico ferroviario?

A Xunta descarta que un cambio de goberno en Asturias e Castela e León por mor das eleccións de maio faga "perigar" a alianza do noroeste.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse favorable a "contar" co norte de Portugal no impulso do Corredor Atlántico ferroviario, un compromiso para o que o luns se reuniu cos seus homólogos en Asturias e Castela e León para reclamar investimentos por máis de 3.000 millóns de euros.

"Sempre que facemos cousas a nivel cooperación contamos co norte de Portugal. (...) Certo que Portugal é un Estado soberano, e por tanto a decisión corresponde ao Goberno de Lisboa", expresou o titular da Xunta, para despois avanzar que trasladará á Comisión de Coordinación da Eurorrexión "que valoren a posibilidade de introducirse" no Corredor.

Neste contexto, Feijóo aproveitou para facer políticia ante a proximidade de eleccións e lamentou que a Galicia "nunca lle poñen as cousas fáciles", xa que esta iniciativa "non estaba prevista nas políticas do Partido Socialista deixou en Europa" nun principio. "O que fixemos desde entón tanto co presidente de Asturias como o de Castela e León foi traballar para liquidar ese erro e, con argumentos, acreditar que era un disparate desde o punto de vista loxístico deixar ao noroeste (de España) sen o corredor", explicou.

Seguidamente, puntualizou que "a primeira cuestión" foi conseguir que "fose aceptado" o proxecto, o que permite que esta rexión "estea xa nos mapas" da Unión Europea. "Agora ten que estar na provisión de fondos do Goberno", engadiu, para logo mostrar a súa "sorpresa" con que o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, "non saiba canto custa" o corredor.

Por iso, Feijóo considera "necesario" tutelar ao Executivo central para que "cumpra os seus compromisos", xa que o actual titular de Fomento --relatou o presidente da Xunta-- afirmou "que ía mantelo" e "facer seu" o proxecto do anterior ministro popular.

"COMPROMETER AOS GOBERNOS"

Preguntado sobre se as eleccións de maio, que poderían propiciar cambios de goberno en Asturias e Castela e León, poderían desviar o rumbo da tripla alianza do noroeste, o líder galego abordou que hai "dúas opcións". A primeira sería "esperar aos novos presidentes", mentres que outra, pola que se decantou, sería "comprometer aos gobernos".

Con todo, descartou a posibilidade de que "perige esa prioridade, con independencia a quen sexa a persoa titular" nos gobernos das outras dúas autonomías. E é que, tal e como reivindicou, tanto as administracións como os axentes económicos "das tres comunidades" van "pola mesma liña".

A estación de ferrocarril de Monforte
A estación de ferrocarril de Monforte | Fonte: P.C.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Al liña convencional Ourense - Zamora ten un trazado moito mais moderno que a liña Monforte - León, ésta última cunha velocidade máxima moi baixa entre Monforte e Toral de los Vados, e entre Ponferrada e Astorga,onde ten que facer un " loop" para subir a meseta ( a famosa rampa de Brañuelas ).

1 4aSC

O "corredor atlántico" vai ser a liña de tren convencional Ourense-Zamora, unha vez que fagan a nova para o AVE. O do "corredor atlántico" por León non se sostén.