GC Aberto

Panorama politico actual en Galicia.

A falta dun 18 meses para os comicios galegos,¿Como está o espectro politico galego?

Por Oafiador | GC ABERTO | 13/09/2011

Comparte esta noticia

 Á falta dun ano e medio para as eleccións á Xunta de Galicia(a non ser que o señor Feijoó decida anticipalas),vemos un panorama político en Galicia moi pobre.

A día de hoxe ninguén dubida de que o parlamento galego estará formado por tres forzas políticas.

O empobrecemento político en Galicia é tal que tendemos cara un parlamento bipolar coma na maioría do estado.

PP e PSOE mantéñense mentras que o BNG vai cara a desaparición por unha falta de proximidade coa cidadanía galega influenciada polas leas internas.

Neste ano e medio teremos que ver, primeiro, se o bng é capaz de saír forte e volve a recuperar primeiro a militancia perdida e logo a confianza dos votantes,e segundo, se algún proxecto político dos extraparlamentarios é capaz de propor unha oferta seria e sen localismos para xerar a ilusión dos votantes.

Imos estudar os partidos entre os que poderemos ter a opotunidade de elixir.

 

PPdG:Comprobaremos se os que lle votaron seguen a depositar a súa confianza. Ademais podería sufrir un aumento de votantes xa que as políticas levadas a cabo polas Novas Xeracions do partido fixeron unha grande captación de xente nova por toda Galicia.(As xuventudes teñen mais de 10.000 afiliados,é decir, máis ca o BNG)

PSdG: Teremos que esperar a saber quen liderará o partido,todo parece indicar que seguirá Pachi Vazquez,o cal conta con moi pouco carisma. Podería perder unha grande cantidade de votantes por esta falla de liderado.

BNG: É unha incógnita.Teremos que agardar a pasar a Asamblea Xeral,da cal sairá o candidato á Xunta. A grande perda de militantes e a falta de liderado fan prever unha auténtica catástrofe nas próximas eleccións. Debería incorporar toda a militancia que deambula no espectro político ou fóra.

UPyG: Acadou un bo resultado nas primeiras eleccións ás que concurriu,pero a metedura de pata de Rosa Díez seguramente o destine a unha gran perda de votantes.

Terra Galega:Un proxecto ilusionante ó comezo,pero tras longas escisions,camiña cara un papel localista.

EU-IU:Tenderá a ascender e podería quedar preto de acadar representación no parlamento.

Converxencia XXI:Parece que irrumpe con forza no panorama político,ainda que parece unha forza de centro seria, debémonos mostrar expectantes ante o gran numero de forzas de “centro” que acaban sendo proxectos localistas.

Converxencia Galega:Todo fai indicar que é un proxecto localista mais.

Partido da Terra:Ainda que estamos expectantes todo parece indicar que terá unha mínima repercusión,por estar enfocado a un grupo reducido de galegos.

Nos-UP,Os Verdes…mínima repercusión no expectro galego.

Polo tanto,nestas autonómicas podemos predecir que voltará a haber tres forzas parlamentarias,e a cuarta forza deberá seguir a agardar debido á lei electoral que esixe un 3% para obter representación parlamentaria.

A día de hoxe agardase un aumento importante do PPdG,acompañado dun descenso do PSdG, dun derrumbe do BNG, así como da irrupción dunha cuarta forza que se pode aproximar a ese 3% ansiado. MAIS DO MESMO.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 André

Análise errada e completamente encamiñada cara á Esquerda Unida. Para acceder ao Parlamento Galego hai que ter o 5%, non o 3%. O PP manterá ou aumentará en número de votos, pasa en todas as crises, o PSdeG baixará e o BNG depende da súa transformación pero sempre obtén os seus mellores resultados cando o PP goberna. O resto de forzas é residual e non entrarán ningunha. EU non é máis que unha mera sucursal españolista, os partidos de centro (por chamarlles algo) non chegarán a nada nin a suposta Converxencia XXI pro-israelí. E o Nós-Up, Causa Galiza, FPG serán testimoniais, e senón aparece un novo proxecto ilusionante, non existe espazo para outra forza no Parlamento. Eu aposto por unha renovación do BNG e do PSdeG, e a baixada posterior do PP polo desgaste da súa xestión en Compostela e en Madrid.

1 Henry

ConverxenciaXXI pro-israelí??, o que non son é anti-israelí nin anti-palestino. Non se trata de estar dun lado ou doutro, hai moitos xudeus que están en contra da violenta e agresiva actuación de Israel no referente a Palestina. Non hai volta atrás, debe haber dous estados nunha relación pacífica. Non creo que ConverxenciaXXI sexa máis pro-israelí, que pro-palestina, o que non se pode ser é anti-pobos.

8 Antón

As contas da leiteira, pero ó reves, a bruxa Lola ignora que prevese un Outono quente con constantes movilizacións, que de seguro influiran na sociedade a hora de votar. Non se espera unha abstención tan grande da esquerda que faga posible unha maioria absoluta dos pepeiros. De todolos xeitos vaia pataca quente que lle tocará a quén tenha que gobernar, cun mais que posible rescate e un deterioro das condicións de vida da sociedade, que vai dar nun novo mencer na esquerda

1 Antón

É digo isto porque a esquerda, sobre todo a nacionalista, sempre acada os milhores resultados en Galiza cando o PP goberna ou ven de gobernar en Madrid, e se ainda por riba o fai con problemas...

7 Antón

As contas da leiteira, pero ó reves, a bruxa Lola ignora que prevese un Outono quente con constantes movilizacións, que de seguro influiran na sociedade a hora de votar. Non se espera unha abstención tan grande da esquerda que faga posible unha maioria absoluta dos pepeiros. De todolos xeitos vaia pataca quente que lle tocará a quén tenha que gobernar, cun mais que posible rescate e un deterioro das condicións de vida da sociedade, que vai dar nun novo mencer na esquerda

6 Milton

Pobre, moi pobre, conversa de rúa apenas.

5 Cori

No se porque la gente solo ve los errores en vez de fijarse en lo verdaderamente importante de las noticias. En este caso que el PPdG seguirá subiendo hasta hacer desaparecer los bloqueiros del parlamento,y asi de una vez se acabará el cuento de que en Galicia existe nacionalismo.Desengañaos nacionalismo solo existe en Cataluña y en el Pais Vasco. Para mi,un muy buen articulo.

1 Realista

Cori, o nacionalismo hexemónico, que controla o diñeiro, os militares e fai constitucións á súa medida non é outro que o Nacionalismo Español (PSOE, PP, UPyD, etc..)