Por Oafiador | GC ABERTO | 13/09/2011
Á falta dun ano e medio para as eleccións á Xunta de Galicia(a non ser que o señor Feijoó decida anticipalas),vemos un panorama político en Galicia moi pobre.
A día de hoxe ninguén dubida de que o parlamento galego estará formado por tres forzas políticas.
O empobrecemento político en Galicia é tal que tendemos cara un parlamento bipolar coma na maioría do estado.
PP e PSOE mantéñense mentras que o BNG vai cara a desaparición por unha falta de proximidade coa cidadanía galega influenciada polas leas internas.
Neste ano e medio teremos que ver, primeiro, se o bng é capaz de saír forte e volve a recuperar primeiro a militancia perdida e logo a confianza dos votantes,e segundo, se algún proxecto político dos extraparlamentarios é capaz de propor unha oferta seria e sen localismos para xerar a ilusión dos votantes.
Imos estudar os partidos entre os que poderemos ter a opotunidade de elixir.
PPdG:Comprobaremos se os que lle votaron seguen a depositar a súa confianza. Ademais podería sufrir un aumento de votantes xa que as políticas levadas a cabo polas Novas Xeracions do partido fixeron unha grande captación de xente nova por toda Galicia.(As xuventudes teñen mais de 10.000 afiliados,é decir, máis ca o BNG)
PSdG: Teremos que esperar a saber quen liderará o partido,todo parece indicar que seguirá Pachi Vazquez,o cal conta con moi pouco carisma. Podería perder unha grande cantidade de votantes por esta falla de liderado.
BNG: É unha incógnita.Teremos que agardar a pasar a Asamblea Xeral,da cal sairá o candidato á Xunta. A grande perda de militantes e a falta de liderado fan prever unha auténtica catástrofe nas próximas eleccións. Debería incorporar toda a militancia que deambula no espectro político ou fóra.
UPyG: Acadou un bo resultado nas primeiras eleccións ás que concurriu,pero a metedura de pata de Rosa Díez seguramente o destine a unha gran perda de votantes.
Terra Galega:Un proxecto ilusionante ó comezo,pero tras longas escisions,camiña cara un papel localista.
EU-IU:Tenderá a ascender e podería quedar preto de acadar representación no parlamento.
Converxencia XXI:Parece que irrumpe con forza no panorama político,ainda que parece unha forza de centro seria, debémonos mostrar expectantes ante o gran numero de forzas de “centro” que acaban sendo proxectos localistas.
Converxencia Galega:Todo fai indicar que é un proxecto localista mais.
Partido da Terra:Ainda que estamos expectantes todo parece indicar que terá unha mínima repercusión,por estar enfocado a un grupo reducido de galegos.
Nos-UP,Os Verdes…mínima repercusión no expectro galego.
Polo tanto,nestas autonómicas podemos predecir que voltará a haber tres forzas parlamentarias,e a cuarta forza deberá seguir a agardar debido á lei electoral que esixe un 3% para obter representación parlamentaria.
A día de hoxe agardase un aumento importante do PPdG,acompañado dun descenso do PSdG, dun derrumbe do BNG, así como da irrupción dunha cuarta forza que se pode aproximar a ese 3% ansiado. MAIS DO MESMO.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.