Morre no Irixo tras chocar co seu vehículo no muro dunha casa

O accidente ocorreu no lugar de Guimarás, na estrada que une O Carballiño co Irixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este luns no Irixo (Ourense) ao saírse da vía e impactar o vehículo no que viaxaba contra o muro dunha casa, segundo informa o 112.

O accidente ocorreu no lugar de Guimarás, na estrada que une O Carballiño co Irixo, ao redor das 11,15 horas. Un particular contactou co 112 para alertar do sinistro.

Foi requirida a intervención do 061, que mobilizou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. O 112 pasou aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Carballiño que, unha vez no lugar, descartaron a excarceración, xa que a vítima estaba accesible. Pola súa banda, os efectivos sanitarios só puideron confirmar o falecemento.

FERIDO EN REDONDELA

Por outra banda, en Redondela, outra persoa resultou ferida ao quedar durmida mentres conducía e chocar o seu coche contra a mediana da N-552, no punto quilométrico 1,200 en sentido a Vigo.

Foi o propio accidentado quen alertou dos feitos ao 112, que puxeron os feitos en coñecemento do 061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

Accidente de tráfico en Valdoviño. GUARDIA CIVIL  - Archivo
Accidente de tráfico en Valdoviño. GUARDIA CIVIL - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta