Temas: BARCELONA RADIO

O Centro Galego de Barcelona quere recuperar a emisora Radio Celta tres décadas despois da súa desaparición

A asemblea xeral aprobou, por unanimidade, iniciar as xestións para recuperar a antiga emisora como instrumento de difusión da cultura e lingua galegas.

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 04/02/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A asemblea xeral do Centro Galego de Barcelona aprobou, por unanimidade, iniciar as xestións para recuperar a antiga emisora do centro, Radio Celta, como instrumento de difusión da cultura e lingua galegas.

Centro Galego de Barcelona.
Centro Galego de Barcelona.

Creada en 1984 por iniciativa de Xosé Fernández Fernández, directivo do centro, Radio Celta funcionou ata xuño de 1985, en que foi pechada por non conseguir a preceptiva licenza.

A emisora emitía diariamente, desde as 8 da mañá ata a medianoite, unha programación continuada, a metade dela en lingua galega, e contaba para facela con 18 colaboradores permanentes.

Doutra banda, a asemblea, presidida por Carlos Mandianes, tamén acordou de forma unánime a creación de carnés de pvc dixitais para a identificación dos socios, no marco da política de modernización que está a impulsar o centro.

Temas: BARCELONA RADIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

nesta entrevista de hai tres anos podemos saber algo máis dos carnés de pvc ! e ler a réplica no comentario dunha tal Xulia2000 é moito máis reveladora sobre o tema! https://www.lavozdegalicia.es/notic...