Chega Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico en España

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase do 6 ao 10 de febreiro no recinto feiral de Expourense e contará con 12 países representados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/02/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A vixésima edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebrarase do 6 ao 10 de febreiro no recinto feiral de Expourense (Ourense) e contará con 12 países representados: España, Portugal, Brasil —convidado especial—, Panamá, Costa Rica, México, Italia, Perú, Colombia, Cuba, Arxentina e Nicaragua. Á súa vez, disporá dun total de 283 expositores, cifra que supera a da cita anterior.

Presentación de Xantar en Ourense.
Presentación de Xantar en Ourense. | Fonte: Europa Press

Esta nova edición de Xantar, que, segundo sinalou a organización, será por sexto ano consecutivo a única feira internacional de turismo gastronómico en España, ofrecerá máis de 200 experiencias enogastronómicas —unha media de catro actividades por hora— e porá a disposición dos asistentes tres aulas que acollerán a participación de chefs de nove países —España, Portugal, Costa Rica, Panamá, México, Colombia, Perú, Brasil e Nicaragua—, os cales impartirán 77 demostracións culinarias.

O programa contempla inclúe conferencias de expertos, demostracións, talleres, clases maxistrais ou degustacións, así como actividades paralelas: o V Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos, no que participan máis de 20 blogueiros de Galicia, Asturias e Portugal, ou o XV Encontro Internacional de Confrarías, que estará protagonizado por 40 entidades de catro países.

En total, a vixésima edición de Xantar, que será inaugurada oficialmente o vindeiro mércores polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ofrecerá máis de 20 menús baseados en produtos autóctonos dos lugares representados, cuxos prezos oscilarán entre os 15 e os 39 euros. Haberá descontos para grupos e menús adaptados a menores e celíacos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta