A unidade mixta de investigación Universidade da Coruña-Navantia, "consolidada", segundo o seu director

O departamento fai balance dos anos 2015-2018 e aborda os novos retos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O director da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Universidade da Coruña (UDC)-Navantia 'Estaleiro do futuro', Carlos Merino, asegurou que esta unidade "esta consolidada" tras completar durante un período de tres anos, 2015-2018, o obxectivo de "traballar en cinco liñas de investigación e quince proxectos".

Integrantes da UDC e Navantia.
Integrantes da UDC e Navantia. | Fonte: Europa Press

Merino trasladou que "agora" está a iniciar a consolidación por outros tres anos das actividades que foron iniciadas no prazo anterior e continúan, "co obxectivo de consolidar os estudos realizados tanto no estaleiro como nos buques".

En canto aos proxectos futuros que agarda poder desenvolver o ente que une a universidade e empresa pública, Merino destacou "dúas iniciativas ilusionantes, como son unha sobre o xemelgo dixital do buque e outra sobre operador asistido".

O veterano enxeñeiro de Navantia lembrou como a creación desta unidade naceu en 2015 "co obxectivo de mellorar os procesos construtivos do estaleiro de Navantia en Ferrol, para achegar a tecnoloxía ao posto de traballo".

"Pero ao pouco tempo vimos que era necesario abrir unha liña de investigación que non estaba prevista ao comezo, para poder desenvolver algúns temas de produto e moi relacionados coas novas fragatas F-110 e aproveitando sempre as tecnoloxías que chegaban da man das industrias 4.0", engadiu.

Deles, explicou que naceron tres proxectos: buques sen cables, outro sobre a utilización de adhesivos a bordo e un terceiro sobre sistemas autoreconfigurables, "que é un exemplo da intelixencia artificial na seguridade interior nos buques militares".

Merino asegurou que os actuais buques do tipo AOR que se están construíndo para a Armada de Australia xa se empregaron algunhas das solucións desenvolvidas no período comprendido entre 2015 e 2018, neste caso "os que teñen que ver con procesos de fabricación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta