Dúas mulleres de idade avanzada foron atendidas pola Policía ao caeren dentro dos seus domicilios en Ourense

Unha das mulleres foi atendida logo de dous días sen contestar chamadas nin á porta. No outro caso, a Policía tivo que entrar polo balcón ante a imposibilidade de abrir a porta.

Por E.P. | OURENSE | 05/02/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense auxiliaron en dous días consecutivos a dúas mulleres anciás que se caeron no seu domicilio e atopábanse en estado semi-inconsciente no chan. Segundo informou a Policía Nacional, o día 3 de febreiro de 2019 sobre as 14,00 horas recibiuse comunicación na Sala do 091 de que unha señora de 75 anos levaba dous días sen dar resposta, nin a chamadas telefónicas nin á porta.

Por iso, policías do Grupo de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense dirixíronse ao lugar e procederon á apertura da porta, tras o que comprobaron que a muller estaba "tirada á beira da porta de entrada da súa vivenda, inmóbil e en posición de cúbito prono, a cal ten pulso e respira", indicaron as mesmas fontes.

Ante o observado colocaron á muller en posición lateral de seguridade e "movéndoa o estritamente necesario, dado que se observa que foi por unha caída e golpearse cun moble que se atopa á beira envorcado no chan", puntualizou a Policía. A señora foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde foi sometida a unha intervención cirúrxica por un derrame cerebral.

SEGUNDO CASO

Mentres, o 4 de febreiro sobre as 19,00 horas recibiuse comunicación na sala do 091 de que unha señora de 74 anos de idade non responde desde hai días á porta, sendo imposible abrir a mesma xa que a muller pecha con varios pestillos.

Os mesmos axentes de policía da intervención do día anterior acudiron ao lugar onde obsevaron "a dificultade de apertura da porta" e, mentres están a buscar unha maneira de poder acceder á casa, "escoitan queixas angustiosas do interior polo que deciden tomar unha inmediata e arriscada iniciativa dada a gravidade da situación". Segundo o relato policial, procederon a escalar pola fachada principal ata chegar a un balcón situado no segundo piso, que dista a un catro metros da altura do chan, dado que as demais xanelas e accesos atópanse totalmente pechadas e con reixas.

Unha vez que o policía chegou ao balcón e ao non conseguir levantar dita persiana, vese obrigado a fracturar un dos cristais da porta do balcón para acceder ao interior e localizar á señora tirada no chan do salón, "encajonada nun moble e encima do seu corpo unha mesa padiola e un brasero eléctrico, afortunadamente desconectado", concreta. Ante a postura que presenta esta muller procedeuse á apertura da vivenda para que actuasen os servizos médicos, cos que colaboraron para o seu inmovilización e evacuación ao CHUO.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: Michel Curi.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta