A Xunta leva licitados concursos de propaganda por nove millóns a catro meses das eleccións municipais

Ademais dos concursos de Turismo e Medio Rural, a Consellería de Pesca convocou outros tres por un valor de dous millóns de euros. Por outra banda, a Xunta potencia a externalización de tarefas de comunicación cun concurso de 365.000 euros da Axencia de Innovación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Xunta non para de licitar concursos para facer propaganda da súa xestión, xusto cando chegan momentos políticos convulsos e difíciles para o PP e a catro meses dunhas trascendentais eleccións municipais. De feito, os distintos departamentos da Xunta levan convocados concursos por valor de nove millóns de euros en publicidade e propaganda institucional.

Feijóo nunha lonxa na que se subasta peixe e marisco
Feijóo nunha lonxa na que se subasta peixe e marisco | Fonte: xunta.gal

Deste xeito, aos concursos de Turismo de Galicia por case seis millóns de euros, e os case tres millóns de varias campañas da Consellería do Medio Rural, súmase agora outras tres campañas da Consellería do Mar por valor de dous millóns de euros.  A esta cantidade hai que sumarlle, ademais, os case dous millóns repartidos a dedo pola Secretaría Xeral de Medios o penúltimo día do 2018.

Nos últimos concursos abertos pola Consellería do Mar destacan os 1,2 millóns que a Xunta destinará para o Servizo de desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos productos procedentes da pesca e da acuicultura en 2019 e 2020.

 

Ademais, este departamento gastará outros 700.000 euros noutra campaña de loita contra o furtivismo dos productos do mar en Galicia en 2019 e 2020 e outros 84.700 para concienciación da importancia e defensa da actividade marisqueira no 2019.

Campaña de publicidade da Consellería de Pesca sobre acuicultura
Campaña de publicidade da Consellería de Pesca sobre acuicultura

OUTRAS CAMPAÑAS

Este diñeiro súmase a outras tres campañas de Medio Rural para promocionar os produtos galegos, o leite galego e para vender as políticas agrarias e gandeiras conseguidas con fondos europeos.  Para a primeira, servizo e desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos galegos con denominación de calidade nos anos 2019 e 2020, este departamento gastará un millón de euros. 

No que ten que ver co servizo de desenvolvemento dunha campaña de publicidade, durante os anos 2019 e 2020, para a promoción do leite galego, nomeadamente o da marca Galega 100%, serán 440.000,00. 

Finalmente, Medio Rural gastará 503.360 euros no servizo de desenvolvemento de campañas de publicidade do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, durante os anos 2019 e 2020, cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

 

EXTERNALIZACIÓN DA COMUNICACIÓN

 

Por outra banda, destaca o concurso aberto pola Axencia Galega de Innovación dunha Asistencia técnica para actividades de comunicación y marketing da Civil UAVs Initiative, un proxecto cofinanciado polo FEDER 2014 – 2020. Un concurso para o que a Xunta destina 363.000 euros, a pesar de que se pode realizar desde o gabinete de prensa da Consellería de Industira.

 

De feito, a prestación consistirá nun servizo integral de comunicación e marketing público que incluirá tanto a planificación estratéxica como a execución das actuacións contempladas nela, entre as que deberán estar incluídas un gabinete de comunicación que se encargará de “coordinarse co gabinete de comunicación da Consellería para levar a cabo accións que incrementen o impacto nos medios de comunicación”, así como deseñar a estratexia de comunicación de todos os eventos e fitos relacionados coa Civil UAVs Initiative.

 

A empresa contratada tamén terá que realizar consultoría de comunicación e marketing público, Deseño e implementación da estratexia dixital de comunicación, a coordinación de comunicación interna e relación cos axentes que participen nesta iniciativa e o seguemento e coordinación das actividades de comunicación e marketing público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braisiño

Tiña que actuar a fiscalía. Malversación de fondos públicos. Pero, por que está calada a oposición ante tal corruptela???.Moi sinxelo: eles fixeron o mesmo, e farían o mesmo. Regar con fondos públicos de propapaganda os medios, mercar noticias NODO, sobre todo ao virrei de Galicia, D. Santiago Rey.