A "coordinación" entre atención primaria e hospitalaria, entre as demandas dos pacientes ao Sergas

Mantívose unha reunión con varios colectivos co obxectivo de deseñar un novo modelo de atención primaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Representantes da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas) reuníronse con directivos de varias asociacións de pacientes para solicitar as súas propostas no deseño dun novo modelo de atención primaria. Entre as suxerencias, falouse da necesidade de "coordinación" entre primaria e hospitalaria.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reúnese con asociacións de. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reúnese con asociacións de. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así, mantiveron unha xuntanza coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) e coa Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Fagal). Os temas abordados van dende "a accesibilidade da atención no primeiro nivel asistencial" para que sexa "o máis rápida posible", ata a "importancia" do seguimento dos pacientes, pasando pola "coordinación" entre primaria e hospitalaria "para evitar a reagudización das patoloxías".

Tamén se trataron outras cuestións como as visitas a domicilio do persoal sanitario, a "transcendencia" do traballo en equipo para atender ás necesidades destes colectivos, así como "a potenciación" do traballo conxunto entre profesionais e asociacións de pacientes.

Neste contexto, o Sergas considera "moi necesarias" estas reunións realizadas "para mellorar a atención primaria", dado o "coñecemento" dos servizos sanitarios por parte das asociacións de pacientes e a súa inclusión no Consello Asesor de Pacientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta