Beiras premia a Villares

Foi durante o Banqueite do Caldo, un acto que tivo lugar en Arzúa.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 06/02/2019 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Había tempo que Luís Villares e Xosé Manuel Beiras non coincidían públicamente, especialmente, logo da gran marexada interna de En Marea. Con todo, esta fin de semana, xuíz e profesor volveron coincidir no Banquete do Caldo celebrado en Santa María de Arzúa.

Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Beiras e Luís Villares
Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Beiras e Luís Villares | Fonte: parte.gal

Neta festa, Xosé Manuel Beiras foi o encargado de entregarlle a Luís Villares o forcado do caldo. Un premio que tamén compartiu co académico da RAG, Henrique Monteagudo. Precisamente, o novo catedrático da USC foi o encargado de dar o parzamique antes de recibir o galardón. Tamén recibiron o forcado, entre outros, Chus Baleato, adestrador do CSD Arzúa, que se atopa na pelexa polo ascenso á terceira división e Aurora Varela, concelleira da corporación municipal.

Tal e como apunta Parte.gal, a Orde Caldaria celebrou a 17 edición do Banquete do Caldo “na que os comensais teñen a oportunidade de darlle ao caldo a etiqueta que merece como elemento básica de Galicia e alimento fundamental para moitas familias galegas, sobre todo do rural”..   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta