C's pregunta se existe "coordinación" entre Xunta e Goberno ante o "alarmante" número de accidentes

Aseguran que medio cento de persoas tiveron que ser atendidas entre o venres, 25 de xaneiro, e o domingo, 27 de xaneiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A deputada de Ciudadanos no Congreso Irene Rivera Andrés presentou este mércores unha iniciativa na que pregunta ao Goberno central sobre as súas medidas "de forma coordinada" coa Xunta para que os "alarmantes datos de sinistralidade" nas estradas galegas "non volvan repetirse".

Segundo datos do 061 remitidos polo partido laranxa, o servizo de emerxencias recibiu un total de 49 chamadas relativas a accidentes de tráfico entre as 15,00 horas do venres 25 de xaneiro e as 23,59 do domingo 27.

Estas alertas deron como resultado que 50 persoas fosen atendidas debido a 39 sinistros rexistrados ao longo desa fin de semana --16 na provincia de Pontevedra, 14 na Coruña, 5 en Lugo e 4 en Ourense--.

Irene Rivera, deputada de Cidadáns. CS - Arquivo
Irene Rivera, deputada de Cidadáns. CS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta