A Deputación da Coruña adaptará a transmisión dos plenos á linguaxe de signos

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2019 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña adaptará a transmisión dos plenos á linguaxe de signos, unha decisión adoptada tras unha reunión da deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, coa directiva da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

O obxectivo da reunión foi chegar a acordos "para avanzar na accesibilidade da comunicación da Deputación da Coruña para persoas con perda auditiva". En concreto, nela, comezouse a traballar na tradución dos plenos a linguaxe de signos.

Respecto diso, a deputada Ánxela Franco subliña que, con esta iniciativa, búscase que "as persoas con problemas auditivos teñan iguais oportunidades para recibir a transmisión dos actos".

Na reunión, tamén se estudaron distintas vías de colaboración co fin de adaptar a comunicación á linguaxe de signos de intérpretes profesionais.

Deputada provincial Anxela Franco con directiva Federación de Persoas Xordas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Deputada provincial Anxela Franco con directiva Federación de Persoas Xordas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta