En Marea ve "positiva" a figura dun relator para mediar entre os gobernos de España e Cataluña

Luís Villares lamenta que a dereita e a ultradereita convoquen unha manifestación "contra o diálogo".,

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/02/2019 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, cualificou como "positivo" que haxa "mediación" en Cataluña, e sinalou, en alusión á manifestación convocada por PP, Vox e Ciudadanos, que é "sorprendente" que se promova un acto "que fomenta a confrontación".

O portavoz de En Marea, Luís Villares, con traballadores de Vulcano. EN MAREA
O portavoz de En Marea, Luís Villares, con traballadores de Vulcano. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Luís Villares afirmou que "non hai nada que valorar" porque "o que acorden, na medida en que poida contribuír a desbloquear a situación, será recibido positivamente". "Buscar a mediación, o diálogo, ten que ser visto como algo positivo, non como algo negativo", concluíu.

Con respecto á manifestación, o portavoz do En Marea sinalou que lle "sorprende" que a xente "se manifeste en contra do diálogo". "Parece sorprendente, parece que é unha manifestación que fomenta a confrontación, o odio entre cidadáns", proclamou, e incidiu en que el é partidario das manifestacións "que amplíen dereitos, non que os restrinxan".

NEGOCIACIÓN DOS ORZAMENTOS

Por outra banda, Villares referiuse á negociación para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado e reiterou que a "posición de partida" de En Marea é rexeitalos, porque son "inaceptables en termos de investimentos" para Galicia.

A ese respecto, lembrou que En Marea ten como marco de referencia nesa negociación a súa "axenda galega do cambio", así como un marco económico, que pasa por recuperar o "diferencial de 38 puntos" que, ao seu xuízo, Galicia perde con estas contas. "Que teñan moi claro que non haberá un apoio incondicional nin subordinado ás migallas", incidiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

aínda non tiveron tempo de pasar páxina ? https://enmarea.gal/persoas/

2 Boubetas

En Marea pode dicir misa porque saben que todo depende dos cataláns. Agora mesmo poderían pidir a autodeterminació e a anexión do Bierzo e quedar de supergalegos. Non pintaron nada en Madrid e á última hora queren salvar ao Titanic do afundimento. É triste pensar no que poideron ter feito por Galiza. Espero volver ver ao BNG no congreso, era ver ao Francisco subir ao micro e o Aznar xa se tensaba :_D

1 Próculo

O BNG xa estivo no Congreso, e lembro cando Galiza era independente e tiñamos o Bierzo como 5ª provincia. Que tempos aqueles!

1 lóstrego

A marea está subordinada á negociación dos cataláns. Así que tranquilos que non ides ter a posibilidade de negarvos porque xa o van facer eles. Non tragamos con esa carta.

1 Sentidiño

A marea está subordinada a Podemos Madrid, non aos cataláns: "os cataláns" (en realidade: "os representantes políticos da maioría das persoas de Cataluña") exercen a autodeterminación cada vez que actúan con independencia.