O alcalde de Ourense (PP) reclama á Xunta "igualdade de trato con outras cidades" no servizo de hemodinámica

Jesús Vázquez Abad, reclamou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha reunión mantida na mañá deste xoves "igualdade de trato con outras cidades" en relación ao servizo de hemodinámica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, reclamou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha reunión mantida na mañá deste xoves "igualdade de trato con outras cidades" en relación ao servizo de hemodinámica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP), nunha entrevista
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP), nunha entrevista

Así as cousas, o rexedor, que agradeceu ao titular do departamento de Sanidade a súa "aposta e esforzo constante en mellorar as infraestruturas e os servizos sanitarios en Ourense", lembrou a Vázquez Almuiña que o Hospital Lucus Augusti de Lugo ten este servizo as 24 horas do día —estará operativo desde o próximo 18 de febreiro—.

Por outra banda, ambos os responsables abordaron a próxima reforma e ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cuxo investimento previsto é de 64 millóns de euros e inclúe a reforma do actual Hospital Materno Infantil, un novo edificio de hospitalización e a construción dun bloque de comunicación. Vázquez Abad asegurou que os proxectos se licitarán no primeiro trimestre de 2019 para que as obras poidan comezar en 2020.

Así mesmo, Jesús Vázquez Abad solicitoulle a Vázquez Almuíña que "analicen as fórmulas para a construción do Centro de Saúde do Vinteún no menor tempo posible", posto que se trata dun "compromiso firme", adoptado pola Xunta, a petición do goberno municipal" e é "unha necesidade que preocupa ao barrio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta