O PP galego acudirá á protesta contra Pedro Sánchez en Madrid

Non asistirá Alberto Núñez Feijóo, por estar en viaxe oficial en Estados Unidos, e o Partido Popular fretará autobuses no catro provincias galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia confirmou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o número dous do partido, Miguel Tellado, acudirán á protesta en Madrid o domingo ante "a vontade de Pedro Sánchez de render España aos pés de Torra". Así o anunciou o PPdeG na rede social Twitter, nunha publicación de leste mesmo xoves na que avanza que "xunto a eles", esdtarán "centos de dirixentes e simpatizantes galegos".

En cambio, na manifestación non está prevista a presenza do presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao estar de viaxe oficial nos Estados Unidos. O líder galego ten previsto inaugurar o sábado unha exposición na illa de Ellis, Nova York, organizada polo Consello da Cultura Galega. Aterra en Galicia na madrugada do domingo ao luns. En todo caso, o Partido Popular de Galicia informou en Twitter que, a pesar disto, a formación estará representada en Madrid e "apoia plenamente unha manifestación que oxalá non tivese que realizarse". Conclúe a súa publicación co hastag #SanchezDimision.

AUTOBUSES DESDE AS CATRO PROVINCIAS GALEGAS

O Partido Popular fretará un autobús en cada unha das catro provincias galegas para asistir á manifestación do domingo 10, segundo confirmaron as direccións provinciais do PP na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense. No caso da Coruña, as persoas que queiran participar poderán apuntarse chamando ao número de teléfono 981 223 742 ou acudindo á sede provincial en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00. O prezo por persoa será de 10 euros e a inscrición por rigorosa orde de chamada.

O autobús partirá o domingo ás 00,00 horas da praza de Ourense, rumbo á capital de España, de onde regresará ás 16,00 horas, tendo a súa hora de chegada á Coruña fixada sobre as 22,00 horas. Así mesmo, os populares tamén fixeron un chamamento para que os que non poidan participar na iniciativa se sumen á mobilización que o PP realizará ás 12,00 na praza de María Pita, fronte ao concello coruñés.

O Partido Popular da provincia de Lugo tamén porá un autobús que partirá á unha da madrugada do domingo da sede provincial, no número 14 da rúa Poeta Ramón Cabanillas. A hora de saída para o regreso está prevista para as catro da tarde desde a capital de España. Os interesados pódense anotar na sede provincial en horario de dez a dous e de cinco a oito, ou a través do teléfono 982 22 49 09. O prezo por persoa será tamén de 10 euros e a inscrición por orde de reserva. No caso de Ourense e de Pontevedra, o PP tamén confirmou a Europa Press que se fretará un autobús en cada unha das provincias para acudir á protesta, aínda que debido a que aínda se estaba xestionando anunciaranse as condicións en canto se peche.

Miguel Tellado. PPDEG
Miguel Tellado. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Vaipracasa

Sabes onde non van? As manifestacións defendendo a sanidade e educación, Só lles preocupa facer o que lles diga o lider supremo en Madrid, ainda que sexa una carallada.

1 avemaria

que barbaridade parece co antroido vaise adianter de datas iste ano..., vai ser un-ha autentica procesión da extrema dereita con bandeiras do gallináceo, cruz alteradas do VO卐, xentes do parroquianato e todo promocionado pola caverna mediatica dos mandriles