Rescatado un condutor atrapado tras envorcar o vehículo que conducía en Cervantes

Por E.P. | LUGO | 08/02/2019 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

Un condutor quedou atrapado no interior do seu vehículo despois de envorcar na cuneta cando circulaba polo lugar de Vilaluz no municipio de Cervantes (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES de Becerreá, que procederon á excarceración do ferido para o seu posterior traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

A chamada dun veciño ao 112 Galicia sobre as 22,30 horas deste xoves permitiu activar un operativo no que, ademais dos efectivos do GES e profesionais sanitarios, participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tal e como indicou a persoa que alertou, o vehículo estaba co catro rodas cara arriba, o que lle impedía asegurar o estado do condutor. Desta maneira, púxose en marcha a intervención cos efectivos do 061 e os equipos de rescate de emerxencias, que localizaron ao condutor atrapado dentro do coche e procederon á súa liberación.

Coche envorcado
Coche envorcado | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta