Galicia protestará en Santiago contra os "recortes" sanitarios, metres a dereita o fará en Madrid contra Cataluña e Sánchez

SOS Sanidade Pública critica que Feijóo vaia a estar o domingo en Madrid a unha manifestación do partido pero "non teña interese" en "dar a cara" en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá este domingo a protesta "Os recortes matan", convocada por SOS Sanidade Pública en protesta polo "desmantelamento" e os "recortes" da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo, ao que acusan de ser "un comercial de empresas privadas" que, en lugar de "dar a cara" en Galicia estará en Madrid na concentración sobre Cataluña do PP.

A protesta en defensa da sanidade, que arrincará ás 12,00 horas da Alameda de Compostela, contará co respaldo dunha quincena de plataformas sanitarias galegas, partidos políticos e sindicatos pero tamén, "por primeira vez", con "Colexios de Médicos e organizacións profesionais", como a Sociedade Científica.

Así o resaltou Manuel Martín, o portavoz da Plataforma, que alertou que "a calidade do servizo está a entrar en picado", porque "o negocio é o que orienta a política de Feijóo".n En resposta ás acusacións de "politización", foi claro ao asegurar que "claro que está politizada pero non é partidaria", porque xorde dunha situación de "masificación" e "recortes" que provocou mesmo a dimisión dos Xefes de Servizo de Atención Primaria de Vigo, "algúns seguro que afíns ao PP, e que non "son persoas radicais na loita política".

Coa protesta, SOS Sanidade esixe que se recuperen os investimentos "perdidos" en sanidade en persoal e en medios, a recuperación do catro áreas sanitarias elimiadas coa creación das EOXI, finalizar coa "marxinación de atención primaria", acabar coa "precariedade laboral de traballadores que escapan por iso de Galicia" ou responder as demandas de Atención Primaria e de urxencias.

Nesta liña, incidiu o portavoz de SOS Sanidade Pública na Coruña, Ramón Beiras, porque "os motivos son profesionais, hai un sentir dentro do sistema da profesión médica", "non é partidaria", "dá igual o goberno que gobernase aquí, se a política sanitaria fose a mesma, a protesta sería a mesma".

"O que queremos é atender aos pacientes con normalidade, non estar ata o catro da tarde porque non dás atendido e non irche a casa coa sensación de que non atendiches", remarcou. A situación "dramática" e de "colapso" actual da sanidade galega responde, ademais, ao interese da Xunta pola súa "privatización", con "un desmantelamento e recorte que ten por obxectivo a entrada de multinacionacionales privadas", segundo a Plataforma.

"A actitude de Feijóo é a dun comercial de empresas internacionais e privadas para que poidan facer bo negocio con diñeiro público, para que o sector privado penetre no público hai que debilitar o sistema", advertiu Martín, quen puxo como exemplo a xestión de equipos de cardiología do CHUS por parte de empresas como a estadounidense Medtronic.

FEIJÓO EN MADRID EN LUGAR DE "DAR A CARA" EN GALICIA

E neste contexto, sen entrar a valorar a presenza de Feijóo na protesta apoiada polo PP en Madrid contra o Goberno de Sánchez, desde SOS si se censurou que "Feijóo vaia a un acto por Cataluña en Madrid e non teña o máis mínimo interese en dar a cara ou apoiar á xente na manifestación da sanidade".

Isto, subliña Manuel Martín, a pesar de que a xente que sofre as deficiencias da sanidade tamén pode votar ao PP e "sofren" os recortes "independentemente da quen se vote ou se se vota ao PP".

Presentación da manifestación contra recortes de sanidade por SOS Sanidade Púb
Presentación da manifestación contra recortes de sanidade por SOS Sanidade Púb | Fonte: Europa Press


SOS Sanidade Pública tamén puxo de relevancia que os grupos de traballo creados pola Consellería para mellorar Atención Primaria, postos en cuestión tras a renuncia de médicos a participar, debido a que a Consellería non aceptou incrementar os investimentos previstos nin recuperar a dirección que existía de forma previa á creación das EOXIS.

Manifestación SOS Sanidad Pública
Manifestación SOS Sanidad Pública
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta