GC Aberto

O "trifascito" bótase ao monte

Se a quen establece pontes de diálogo acúsaselle de alta traizón, por saúde democrática, os excesos orais dos autores de tan desenfreada afronta non poden quedar impugnes debendo actuar de oficio a xudicatura por inxurias e calumnias.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 14/02/2019

Comparte esta noticia

Manifestación da Coruña 'pola unidade de España' para secundar a levada a c. PP DA CORUÑA
Manifestación da Coruña 'pola unidade de España' para secundar a levada a c. PP DA CORUÑA

A figura do   relator non é o problema, pero  si a  xustificación que o PP e Ciudadanos utilizan para seguir tensando a situación na súa estratexia de derrubar ao goberno  sen reparar para iso en establecer alianza de conveniencia  cos ultradereitistas de  VOX, para así en  comandita, utilizando como fórmula a desestabilización do país avanzar no seu obxectivo de chegar á Moncloa, é dicir,   utilizando  o formato á venezolana.

Esa que non outra é a súa verdadeira finalidade,  empregando para iso graves acusacións, falsidades e crispación na rúa, como tamén a interesada cantilena da “unidade de España”, cando a verdadeira causa  de disgregación  é a degradante corrupción política e  a mais que  cuestionada Constitución do 78,  cuxa modificación non dubidan en referendar  cando trata de satisfacer as apetencias dos  mercados, pero que negan baixo sete chaves  á hora de reaxustar o modelo de Estado á  realidade territorial do país. 

Antagonismo  de quen  mantén  a súa adicción ao engano porque lle interesa a axitación política e o desarraigo como estratexia, para así  seguir pescando  electoralmente no río revolto da conflitividade.

É por iso que o auténtico propósito que persegue  o  “ trifascito” PP,  Cs e  Vox coa súa retórica  provocadora e golpista,  é abortar toda posibilidade de que o Goberno estableza pontes de diálogo en e con Catalunya, pois toda vía de solución  negociada  daría ao traste coa estratexia desta dereita  recalcitrante, cuxa continuidade política, máis aló do diálogo  vira ao redor da  represión e a   aplicación continuada  do  155, ou o que é o mesmo, en manter un Estado de excepción permanente.

O paradoxal  é que os membros  desta  dereita neoliberal que enchen a boca de patria e os balcóns de bandeiras,   non teñen lexitimidade  política algunha  para erixirse en defensores  da lei, tendo en conta que as súas prácticas cotiás son  transgresións sistemáticas do marco legal; e  non  tan só  pola súa relación continuada  coa corrupción  endémica, senón tamén polo asiduo quebrantamento  de aspectos  relacionados  coa Lei de Memoria Histórica, e demais  dereitos sociais recoñecidos constitucionalmente, porque tras a súa recorrente apelación ao Estado de dereito está sempre a  apelación camuflada a un  Estado de dereitas., indicando con iso que tras o seu proceder subxace unha  concepción oportunista da lei. 

Sendo por iso que para eles  a crispación  ten de estar por encima do consenso, e neste caso máis que nunca, pois tras o manido discurso do “ trifascito”   contra a figura do  relator, pola súa coincidencia coa presentación dos orzamentos percíbese un ataque desesperado  para abortar a súa aprobación.

Unha manobra pactada por todo o espectro político dereitista,  na  que non podían  faltar os medios de comunicación  da súa órbita mediática que en aberta colaboración non dubidan en sacar todo o seu arsenal  para favorecer  a través da súa estratexia  amarelada a consecución do obxectivo de acoso e derriba establecida,  así como publicitar a campaña de axitación e propaganda de acompañamento onde o concepto patrio toma papel protagonista. 

Os membros  do “ trifascito” atribúense a condición de patriotas pola súa ofensiva contra o  secesionismo, pero de ningún xeito poden  arrogarse tal condición polo desempeño de accións que contribuísen a que o país fose  mellor, pois probado está  que todo o que fixeron foi no seu propio beneficio e en prexuízo     do interese xeral, falando en por si o balance da súa xestión onde toma papel protagonista a súa interminable implicación  en casos de corrupción.

Resultando  de sobras coñecido, que exentos de ideais, neste país as dereitas no seu conxunto  actúan en dirección contraria ao que predican, polo  vínculo de obediencia que prestan desde sempre   a quen ostenta  máis poder na sociedade, é dicir  ao poder económico que é o seu auténtico dono e máis fiel ao ouro que á bandeira, e son tan patriotas  que vía evasión  deixan de cotizar no país   59.000 millóns de euros anuais.

O que conduce a deducir polo seu silencio cómplice que as proclamas  patriótica  desde o “ trifascito”  se  desvirtúan por si  mesmas  para tomar formato  de “ patriotería exaltada” ao só obxecto de axitar as masas  e provocar  un  ambiente de fluctuación desde onde a través de  subterfuxios poder  quitar rendemento electoral.

A  manifestación do 10  de Febreiro convocada por estes falsos patriotas, trata de empuxar ao Goberno fora do poder desde a protesta e a mobilización na rúa, e os seus promotores  son os mesmos  que  camuflados de demócratas nunca deixaron atrás a  caspa e as correaxes do fascismo, e que despois de homologados, sentíndose fortes e invencibles  mostran  sen o menor receo a súa verdadeira imaxe e identidade. 

Non ter  afrontado  ao debido tempo un proceso de  expurga dunhas elites que seguen sendo estruturalmente as mesmas que no franquismo, é a causa  da  gravísima  involución que ameaza a estabilidade política do país, e como non podía ser doutra maneira, daquela permisividade  este  facherío que  sacode a bandeira e adopta pose marcial ante imaxinarios perigos para a patria.

É por iso que a réplica dos demócratas  non debe  facerse esperar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta