Os socialistas galegos condenan as palabras de Casado sobre o aborto e din que "está a perder o norte político"

O secretario xeral do PSdeG considera que "o regreso ao pasado" de Casado é unha irresponsabilidade absoluta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, condenou as declaracións do líder do PP, Pablo Casado, sobre o aborto e considerou que o dirixente popular "está a perder o norte político" coas súas formulacións de "regreso ao pasado".

O xefe de filas dos socialistas galegos pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas declaracións nas que Casado se mostrou partidario de derrogar a actual normativa de prazos e volver á de supostos aprobada en 1985 polo Goberno de Felipe González. "Se queremos financiar as pensións e a saúde debemos pensar en como ter máis nenos e non en como os abortamos", asegurou o líder do PP.

Rolda de prensa da cúpula do PSdeG
Rolda de prensa da cúpula do PSdeG

Para Gonzalo Caballero o "regreso ao pasado" constitúe unha "irresponsabilidade absoluta" que só se pode entender polo "medo" a perder electores cara a Vox. No entanto, augurou que "esta falta de respecto ás mulleres" e "estes discursos propios doutro tempo" implicarán "unha maior caída electoral" do PP. "Como cando hai 15 anos saían á rúa contra o matrimonio entre persoas do mesmo sexo da man de Rouco Varela e iso non os levou ao goberno", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta