Temas: GANDERíA LEITE

Galicia pechou 2018 co prezo de leite máis baixo de España e a perda de 466 produtores

Os gandeiros perciben 31,7 céntimos por litro, máis dun céntimo por baixo da media no Estado

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/02/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O prezo do leite que se paga a gandeiros galegos pecha 2018 en 31,7 céntimos por litro, a cifra máis baixa entre autonomías, segundo os datos do Ministerio de Agricultura. De feito, estes 31,7 céntimos están máis dun céntimo por baixo dos 33 de media en España. Galicia é a única autonomía onde se paga menos de 32 céntimos, as seguintes con menor cantidade son Cantabria e Cataluña (32,7 céntimos).

Vacas
Vacas | Fonte: Europa Press.

A diferenza alcanza case os catro céntimos coa Comunidade Valenciana, cuxos gandeiros perciben 35,6 céntimos polo litro de leite ao acabar o ano.

Así mesmo, estes 31,7 céntimos que se pagan aos produtores en Galicia supoñen unha baixada respecto dos 32,2 céntimos cos que concluíu 2017.

Ademais, Galicia perdeu ao longo de 2018 un total de 466 produtores lácteos que realizan entregas. Ao acabar o exercicio contaba con 7.548, nunha cifra que non deixa de decrecer ano tras ano, pois ao termo de 2017 a cantidade era de 8.014.

Por outra banda, no mes de decembro producíronse 228.568 toneladas de leite, o que supón un repunte de 13 toneladas respecto ao mes anterior, novembro.

Temas: GANDERíA LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta