A Xunta apunta ao Concello de Ferrol como quen ten que axudar á muller desafiuzada

Tamén sinalan desde o Goberno galego que a muller contra co bono de aluguer social do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A Xunta destaca que a muller á que se executou un desafiuzamento este venres en Ferrol por falta de pagamento de aluguer, ten concedido o bono de aluguer social e que "é o Concello o que ten que axudala". Fontes da Consellería de Vivenda pronunciáronse deste xeito ante a execución do desafiuzamento, que afecta a unha familia monoparental con catro menores ao seu cargo.

Respecto diso, sinala que a muller conta co bono de aluguer social, un programa co que conta o Instituto Galego de Vivenda e Solo "para atender e responder a casos de falta de pagamento de aluguer co fin de axudar ás familias nesta situación". E sinala ao Consistorio, que "ten que axudala", di, "a través do seu departamento de servizos sociais, a atopar unha vivenda de aluguer na cidade, sobre todo tendo en conta que dispón de máis dun milleiro de inmobles de propiedade municipal no barrio de Recimil". En todo caso, lembra que as adxudicacións de vivendas de protección pública réxense en Galicia por un rexistro de demandantes de vivenda.

Protestas de Stop Desafiuzamentos
Protestas de Stop Desafiuzamentos | Fonte: Stop Desafiuzamentos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta