Volven suspender o desaloxamento dun inmoble ocupado na Coruña

O edificio é propiedade da SAREB e hai constancia de que vive un menor dentro ademais de terse presentado alegacións contra o procedemento de desocupación.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/02/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O desaloxo duns okupas na rúa A Paz na Coruña quedou suspendido por segunda vez, segundo informou Antonio Vázquez, de Stop Desafiuzamentos e avogado dunha das persoas que está no interior do inmoble.

A comisión xudicial achegouse este luns ata o inmoble, pero, finalmente, non executou o lanzamento. Trátase dun edificio que agora é propiedade do Sareb e no que hai constancia de que vive un menor, xunto a outras persoas.

O letrado explicou que o venres, despois de que o xoves houbese un primeiro intento de desaloxo que non levou a cabo, presentaron un escrito coas súas alegacións. Entre outras cuestións, expuxeron que non se respectou "" o procedemento a seguir nestes casos.

"Ao haber habitantes, ten que concedérselles un prazo de dez días para que fagan as súas alegacións", explicou. Ademais, dixo que se se seguise adiante co desaloxo tería que recoñecerse un prazo de mes para o abandono voluntario do inmoble.

Manifestantes pro okupa
Manifestantes pro okupa | Fonte: nexus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta