Competición entre administracións para que a muller teña máis protagonismo na ciencia

Xunta e Goberno central anuncian medidas para impulsar que haxa máis mulleres na ciencia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/02/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

As universidades galegas teñen 56.878 estudantes, con 31.416 mulleres, un 55,2 %.  Pero a porcentaxe baixa entre os profesores titulares, que son 2.092, con 868 mulleres (41,5 %), e aínda máis entre os catedráticos, 650 entre os que hai 148 mulleres (22,8 %). Por iso, a Xunta e Goberno central anunciaron este luns máis medidas para que as mulleres teñan un maior papel nas carreiras cientifícas durante a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Así, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou a posta en marcha de medidas para impulsar a igualdade de xénero no ámbito científico e co obxectivo de beneficiar a 2.413 investigadoras galegas, segundo informa nun comunicado.

En concreto, explica que o Executivo busca promover "unha maior inclusión da muller no mundo científico", para o que puxo en marcha o Observatorio 'Mulleres, Ciencia e Innovación' para a Igualdade de Xénero. "Ante a importante segregación de xénero vertical --o denominado teito de cristal-- que se produce nas universidades e organismos públicos de investigación, o Observatorio nace para analizar a situación das mulleres nos ámbitos da investigación e a innovación", explica.

Tamén busca "fomentar a realización de políticas públicas e actuacións de igualdade e promover a mellora da situación das mulleres no sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación".

Unha muller trabalalndo no departamento I+D+I dunha empresa
Unha muller trabalalndo no departamento I+D+I dunha empresa

XUNTA

Pola súa banda,  a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asegurou que "hai que romper o teito de cristal" e "acabar coa brecha de xénero" no ámbito científico xa que, a pesar de que "hai moitas mulleres" nos persoais das universidades, "nos postos de alto nivel, hai menos presenza feminina que masculina".

Neste sentido, Pomar apuntou que "soamente" o 29% dos postos de liderado científico están ocupados por mulleres, "a pesar de que as vocacións científicas nas nenas están aí". "Pero segundo as nenas van cumprindo anos, as circunstancias tanto internas como externas á propia muller fan que retrocedan neses postos de responsabilidade. Ás veces mesmo a propia personalidade feminina lévanos a ter certa desconfianza de nosa propia competencia para ocupar responsabilidade na ciencia", engadiu a conselleira de Educación.

Por este motivo, insistiu na necesidade de desenvolver políticas tanto educativas como económicas e científicas "que primen o feito de que a muller lidere grupos de investigación" e desa maneira "poidan ocupar altos cargos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta