A necesidade de reformar o regulamento do Parlamento para "salvar o bloqueo" do PP nas comisións de investigación

O PSdeG pide que se reforme a norma na Cámara.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O PSdeG pide que se reforme o regulamento do Parlamento de Galicia para que se poida "salvar" o "bloqueo" por parte do Partido Popular ás comisións de investigación, mesmo a aquelas que son postas en marcha a iniciativa da oposición.

Comisión de investigación da evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro galegas
Comisión de investigación da evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro galegas | Fonte: Europa Press.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, lembrou que a última modificación do regulamento da Cámara permite que dúas quintas partes dos deputados poidan crear de forma automática unha comisión de investigación por lexislatura.

A pesar de que a Cámara abriu esta posibilidade para que os grupos minoritarios puidesen convocar un órgano destas características, Leiceaga denunciou que o Partido Popular "decidiu de 'facto' bloquear" o seu plan de traballo.

"Esta foi a estratexia escollida polo grupo maioritario para desactivar a comisión de investigación sobre os recortes na sanidade", manifestou Leiceaga, que reclamou unha cota de comparecentes para que os grupos poidan evitar "o bloqueo e a censura".

En concreto, o PSdeG pide que os deputados impulsores das comisións de investigación poidan propor ao mesmo número de comparecentes que o de parlamentarios impulsores da posta en marcha do órgano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta