A Deputación da Coruña insta o Goberno central a presentar a demanda para recuperar o Pazo de Meirás

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, dirixiuse ao director xeral de Memoria Histórica para que inicie o proceso.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/02/2019 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, dirixiuse ao director xeral de Memoria Histórica do Goberno para instalo a iniciar a demanda para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público.

Goretti Sanmartín en gala devolución Pazo Meirás. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Goretti Sanmartín en gala devolución Pazo Meirás. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Goretti reclama "celeridade e decisión" para levar a cabo este proceso. E é que para a institución provincial "existen argumentos reais e probas contundentes que nos achegan os informes xurídico e histórico encargado a instancias da Xunta pola Devolución do Pazo de Meirás".

A vicepresidenta provincial, institución promotora da creación desta entidade, lembra ao director xeral da Memoria Histórica, Fernando Martínez López, a "urxencia e necesidade" de iniciar desde o Goberno central o proceso xudicial para a recuperación do inmoble, en mans da familia Franco, para o Patrimonio Nacional.

Na súa nova carta dirixida a Fernando Martínez, Goretti Sanmartín mostra preocupación "pola falta de resposta" da Dirección Xeral da Memoria. Tamén afirma que tanto o informe histórico como o xurídico "achegan probas contundentes que confirman a propiedade pública do inmoble".

"E a condición de contrato simulado do documento de compra por parte de Francisco Franco", insiste. En base a estes argumentos, a institución provincial apela a que hai "razóns para iniciar un proceso xudicial exitoso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta