Anova e BNG cargan contra o xuízo aos líderes independentistas cataláns

O BNG denuncia que non é "un xuízo xusto" e Anova espera que o fallo "non estea escrito de antemán".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/02/2019 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

As formacións nacionalistas galegas BNG e Anova mostraron este martes a súa "solidariedade" e apoio aos "presos políticos" cataláns no inicio do xuízo do 'procés' independentista no Tribunal Supremo.

Un galego acudiu a apoiar o proceso independentista en Catalunya no aniversario do 1-O
Un galego acudiu a apoiar o proceso independentista en Catalunya no aniversario do 1-O | Fonte: Martín Vaz

O Bloque denunciou que "estas persoas non van ter un acceso a un xuízo xusto e que a sentenza leva tempo escrita".

Pola súa banda, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, realizou un vídeo no que di espera que a sentenza "non estea escrita de antemán".

Así mesmo, nunha intervención este martes no Parlamento galego, onde é  viceportavoz de En Marea, lamentou que os xulguen "por defender as súas ideas democraticamente" e por "defender que a xente vote".

Tamén o BNG censura que este "xuízo político" é "a enésima demostración do proceso de profunda  involución democrática que se está vivindo no Estado español".

Por iso, o Bloque chama a manifestarse na protesta convocada pola o plataforma Galiza con Catalunya do próximo 21 de febreiro. Así mesmo, pide "diálogo" con "vocación dunha resolución pacífica e democrática do conflito político aberto".

Nesta liña, Antón Sánchez (Anova) apelou á "mobilización" e á "solidariedade nas prazas e rúas". "Xogámonos moitos, xogámonos a democracia neste país, xogámonos o futuro dunha Galicia republicana e con xustiza social", agrega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta