Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 12:40
Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil levaron a cabo un operativo conxunto no que foi detido un home como presunto responsable de cinco roubos con violencia en oficinas bancarias da Coruña e Miño.
Segundo informaron os corpos de seguridade, o primeiro deles produciuse o 8 de xuño de 2018 nunha oficina de bancaria da rúa Betanzos da Coruña. O autor do feito penetrou no interior da oficina bancaria a media mañá, "ocultando o seu rostro cunha pucha e unhas lentes, e esgrimindo un arma de fogo", relatan as mesmas fontes. Segundo din, esixiu aos empregados da entidade que lle entregasen o diñeiro, de maneira que logrou subtraer unha cantidade próxima aos 9.000 euros. Logo diso, fuxiu do banco.
O 21 de setembro de 2018 produciuse outro roubo con violencia nunha oficina bancaria no polígono da Grela da Coruña, cometido por un home cuxas características físicas e vestimenta "eran semellantes ás do feito anterior e que esgrimiu tamén un arma de fogo curta, pistola", sinalan. Nesta ocasión apoderouse de 6.000 euros.
O 17 de decembro de 2018 o mesmo home levou a cabo un atraco nunha oficina bancaria da rúa Juan Flórez da Coruña, onde intimidou os empregados cunha pistola e apoderouse de 6.900 euros.
EN 2019
No mes de xaneiro deste ano o mesmo autor, co mesmo 'modus operandi', levou a cabo outro roubo con intimidación nunha oficina bancaria da localidade de Miño, de onde levou 4.000 euros.
O último feito produciuse o pasado día 12 de febreiro nunha sucursal bancaria da rúa San Mateo da Coruña, na que se apoderou de mil euros.
Iniciadas as investigacións e postos en marcha os mecanismos de coordinación establecidos entre ambos corpos policiais, conclúese que a autoría destes atracos "corresponde, por modus operandi, arma empregada, características físicas e vestimenta, á mesma persoa".
As mesmas fontes explicaron que no rexistro domiciliario procedeuse á intervención de pezas e calzado utilizadas nos citado roubos. Por iso, os investigadores de Policía Nacional e Garda Civil coordinaron un dispositivo para "tratar de localizar e proceder, no momento oportuno, á detención do home investigado", concluíron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.