O alcalde de Beade ten que retirar a simboloxía franquista por orde do Ministerio de Xustiza

A Dirección Xeral para a Memoria Histórica advirte ao 'popular' Senén Pousa que ten que cumprir a lei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral para a Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza solicitou ao alcalde de Beade (Ourense), o popular Senén Pousa, que "acredite a non existencia de simboloxía de exaltación" do franquismo no seu municipio e, no caso de que a houbese, que proceda a retirala.

Senén Pousa nunha imaxe de smfdiario
Senén Pousa nunha imaxe de smfdiario

Así o solicita o ministerio a través dun requirimento asinado polo director xeral para a Memoria Histórica, Fernando Martínez, no que se empraza ao rexedor a cumprir a Lei 52/2007 e a elaborar "o catálogo de vestixios municipal", coa súa "inmediata retirada" dos escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar e represión da ditadura.

Neste sentido, o Ministerio de Xustiza lembrou ao alcalde deste municipio ourensán a intención do Goberno do Estado de ordenar que se retire a simboloxía de exaltación da Guerra Civil e a ditadura "cun procedemento taxado con sancións económicas para o caso de incumprimento".

En relación a iso, nun comunicado, o PSdeG sinalou que este alcalde "insurrecto" leva "máis dunha década incumprindo a lexislación á mantenta", co "consentimento e aplauso do Partido Popular".

"Casualmente, o escrito está dirixido á rúa do Caudillo, xa que a casa do concello deste municipio está situada nesa dirección", engadiron os socialistas.

A Dirección Xeral para a Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza solicitou o pasado 6 de febreiro a 656 concellos, unha quincena deles galegos, a "retirada inmediata" dos vestixios do franquismo que aínda pervivan nos seus espazos públicos e demandou aos gobernos autonómicos que verifiquen "a non existencia de símbolos de exaltación".

En concreto, pediu a retirada en cinco concellos da provincia de Ourense (Beariz, O Carballiño, Melón, San Cristovo de Cea e Xunqueira de Ambía); en cinco de Pontevedra (Tui, Agolada, A Estrada, O Porriño e Campo Lameiro); en catro de Lugo (Lourenzá, Quiroga, Ribadeo e Sarria), así como no municipio da Coruña.


Destacadas figuras do franquismo dan nome aínda a 1.171 rúas e prazas españolas repartidas entre máis de 637 municipios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Alpinista

Hai BNG!!! Ribadeo, tantos anos no poder e Franco presente! E na Coruña, Sarria, O Porriño, Tui, Lorenzá... Onde cogobernaron co P$oEspañolisimo! Se na hora da verdade sodes como o lexitimo herdeiro do franquismo, o Partido Podre! Non incomodar o facherío, e despois queixanse da xustiza franquista, cando nin eles compren a lei e seguen honrando a memoria do fascio. Vergoña.

1 Gaeilge

Alpinista, ti practicando alpinismo caíches dunha montaña e quedouche a cabeza tocada... Vai ser agora culpa exclusiva do BNG a simboloxía franquista. Pois recorda quen goberna na Coruña. En Lourenzá nunca gobernaron, nin en Tui, en Ribadeo é un erro, unha confusión entre o Calvo Sotelo ministro de UCD co Calvo Sotelo fascista... Canta morralla que se cre que pasa a proba do algodón. Tu es dos que pode tirar a primeira pedra porque estás libre de pecado..., dime, amor, quen te educou ou dame a fórmula porque eu tamén aspiro á túa perfección e á dos teus que tanto falaron e nada fixeron...

2 Serafín

Proe na pel sensible do BNG? Logo debe haber infección debaixo! Pois en Lourenzá ben que colaborades coa Rocio do PsoEspañol. En Tui non había coaligazón, que despistado. E en Polo, outro que esquecemos. No caso de Ribadeo a deturpación é absoluta, tampouco importa, como non importou na Coruña. Onde tampoco fixeron nada os 'outros' do postureo, logo xustificamos a inutilidade e as vergoñas dos 'nosos'. Resumindo, no BNG non son lobos que rouban años inocentes, trátase de benditos raposos que pillan galiñas despistadas... E sendo autóctonos son de fiar, mentres non te despistes!

1 Manuel Salgado

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía seguía allí". XA ERA HORA !!!