Aumentan a 36 os falecidos con gripe en Galicia, dos que 24 non estaban vacinados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Os falecidos con gripe en Galicia aumentaron ata os 36 en Galicia, 12 máis que o venres pasado cando había rexistrados 24. Do total de mortos, 24 non estaban vacinados.

Así consta no décimo cuarto informe 'Vixilancia da gripe en Galicia', publicado este venres polo Sergas, recollido por Europa Press, no que se puntualiza que desde o inicio da tempada e ata as 9,30 horas do xoves 14 de febreiro declaráronse 885 ingresos. Dos falecidos, 19 morreron pola gripe e 17 co virus.

O informe concreta que dos 885 ingresos desde o inicio da tempada, 605 xa recibiron o alta. Ademais, indica que do total, 63 requiriron asistencia en UCI e dos 741 que tiñan indicada a vacina, 393 non a recibiron.

O Sergas explica no informe que, segundo os rexistros de gripe en Atención Primaria, constátase "unha situación de estabilidade respecto das dúas semanas anteriores".

En canto ás chamadas ao 061 por gripe e infeccións respiratorias agudas (IRA), nesta semana reflíctese "un discreto descenso" respecto da anterior, "tanto a expensas dunha diminución no número de chamadas rexistradas como IRA, como no número de chamadas semanais rexistradas como gripe".

MOSTRAS ANALIZADAS

Nesta última semana analizáronse un total de 552 mostras para virus respiratorio (VRS), das que 55 foron positivas; e 897 para os virus da gripe, das que 296 resultaron positivas para o virus da gripe A.

Para o Sergas, os datos achegados pola vixilancia microbiológica, e tendo en conta os niveis provinciais da intensidade da actividade gripal, "séguese nunha difusión xeográfica xeral".

Vacinas contra a gripe
Vacinas contra a gripe | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta