Detido por mallar na súa muller en Santiago diante dun bebé de once días

O home ameazou a muller e ao seu fillo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica detivo este mércores a un home en Santiago de Compostela por un presunto delito de violencia de xénero á súa muller, que denunciou ameazas a ela e ao seu bebé de once días.

Os axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) de Santiago de Compostela desprazáronse o pasado día 13 ata unha vivenda no lugar de Lavacolla, onde supostamente unha muller estaba a ser agredida polo seu marido.

Unha vez no domicilio, atopáronse a unha muller cun bebé de once días en brazos, á que observaron chorando e con síntomas de ansiedade.

Segundo informou a Consellería de Presidencia, a muller manifestoulle aos axentes que o home a tiña coaccionada e ameazada e temía pola súa vida e pola do seu bebé. Por este motivo, procedeuse á detención do home, que foi trasladado a Comisaría, á vez que se remitiron as dilixencias ao Xulgado de Garda.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta