O alcalde da Coruña di que En Marea non pode permitirse "disputas internas" e chama a unha candidatura "unida"

Antón Sánchez pide "redobrar" a aposta de "sumar o máximo posible" para "frear á ultradereita"

Por E.P. | A CORUÑA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu deixar atrás "dispostas internas" dentro do espazo político que representa En Marea e chamou a buscar unha "fórmula" para articular unha "candidatura forte e unida" de cara ás eleccións xerais.

"O espazo político que representa En Marea e as mareas municipais non pode permitirse estar en disputas internas cando nos xogamos tanto en próximas eleccións xerais e municipais", manifestou o alcalde da Coruña.

Por tanto, di, "hai que falar e buscar unha fórmula para poder ir cunha candidatura forte, unida, e que represente a esperanza e o desexo de cambio", asegura. "Esa é a miña posición e farei todo o posible para que así siga sendo", engade o rexedor herculino, quen realizou estas declaracións durante a súa participación na manifestación dos traballadores de Isowat, onde tamén estivo o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.

A FÓRMULA É "SECUNDARIO"

Precisamente, preguntado sobre se En Marea concorrerá ás eleccións xerais coa coalición actual ou por separado, Antón Sánchez cualificou de "secundario" a cuestión das fórmulas e as marcas, de forma que defende "redobrar" a aposta de "sumar o máximo posible" para "frear á ultradereita".

"Trataremos de sumar a maior amplitude posible para vencer, sempre o fixemos e veremos se é posible sumar", dixo Sánchez, quen chama a "saír a por todas" nas eleccións xerais e "conseguir mobilizar a todas as clases".

"Cremos que había que conxugar que fosen orzamentos sociais e que fosen xustos para Galicia. A proposta non era satisfactoria para o grupo parlamentario, por iso presentáronse 300 emendas", dixo ao ser preguntado sobre o voto en contra ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado da súa compañeira Alexandra Fernández.

Ferreiro, Noriega, Colau, Suárez e Luís Villares nun mitin en 2016
Ferreiro, Noriega, Colau, Suárez e Luís Villares nun mitin en 2016

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta