O alcalde de Ourense di que convocar eleccións é "o máis lexítimo" e non critica as datas, como Feijóo

Acusa a Pedro Sánchez de facer un "dano enorme" a España tras non entrar "lexitimado polas urnas"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad (PP), considerou que a convocatoria de eleccións é o "máis lexítimo" nunha situación na que o país "non estaba a funcionar" e na que se "estaban dando índices de desaceleración" e de parálise "económica".

Vázquez Abad pronunciouse deste xeito despois de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciase este venres a convocatoria dos comicios xerais para o 28 de abril.

Na súa intervención, o rexedor de Ourense acusou a Sánchez de causar un "dano enorme" a España e recriminoulle non entrar no Executivo "lexitimado polas urnas", senón cunha moción de censura presentada "en mal momento" ao tratarse dunha "temeridade" e "oportunismo", xa que o país "estaba a dar índices positivos".

"O electorado ten que valorar o que ocorreu; hai unha única opción, o goberno do PP está preparado para sacar adiante un país, mostrou a súa faceta máis solidaria e procurou nos momentos máis difíciles que a xente menos favorecida fose a que máis axuda tivese", engadiu o rexedor na oficina da Federación de Venezolanos en Galicia (Fevega) en Ourense, onde acompañou ao secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, na presentación de novas axudas a emigrantes retornados.

Á súa vez, o alcalde da única de Galicia gobernada polo Partido Popular, aínda que en minoría, sinalou que as urnas "teñen que dar un apoio masivo a aquelas persoas que si dan unha resposta positiva a este país".

El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, en rolda de prensa
El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta