Dous investigados por cazar nun lugar protexido nun bosque de Beade e matar seis xabaríns

Segundo a Benemérita "declararon só a caza dun xabaril, falseando os datos, posto que se puido comprobar que abateran seis".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Ourense imputou a principios do mes de febreiro a dous veciños de Tomiño e Carballeda de Avia como presuntos autores dun delito de falsidade documental e varias denuncias por infraccións á lei de caza, como cazar nun lugar protexido, abandono de vainas percutidas no monte e falsear datos.

A denominada 'Operación Arduinna', informou o Instituto Armado, iniciouse en outubro de 2018 tras ter coñecemento a través dunha denuncia interposta na Garda Civil pola Asociación sen ánimo de lucro Bosque de Ridimoas de que o día 28 de febreiro varios cazadores celebraron unha batida no Bosque de Ridimoas, en Beade, a pesar de ser un lugar protexido.

O Seprona da Garda Civil, en colaboración co Servizo de Conservación da Natureza da Delegación Territorial de Medio Ambiente de Ourense, constatou que os cazadores "situaron varios postos de caza en terreos onde estaba prohibido cazar" e nas comunicacións oficiais remitidas ao servizo de conservación "declararon só a caza dun xabaril, falseando os datos, posto que se puido comprobar que abateran seis".

Ademais, explicaron as mesmas fontes, realizouse unha inspección no terreo e foron achados 13 cartuchos percutidos de rifle sete milímetros nos terreos onde se prohibe o exercicio da caza.

Así mesmo, tras comprobar as compras de cartuchería para armas de caza maior entre os participantes na batida, "identifícase o cazador que realizou estes disparos", asegurou a Benemérita. A Garda Civil aclarou que a batida de caza maior "contaba con autorización para unha zona limítrofe co Bosque Ridimoas".

Xabarín morto nunha batida
Xabarín morto nunha batida | Fonte: stopcaza.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta